UNICEF: Os líderes nacionais e comunitarios de Costa de Marfil deben ter como prioridade os nenos

UNICEF pediu aos líderes de Costa de Marfil que aseguren a protección dos nenos ante os episodios violentos, que teñan asegurado o acceso a servizos sanitarios e que poidan ir á escola mentres continua a inestable situación política. A traxedia actual pode agravarse se a inestabilidade política provoca que se desatendan as enfermidades, que os nenos sexan explotados ou que non poidan ir á escola.

Dakar/Xenebra –En calquera crise ou emerxencia, a infancia é sempre a máis vulnerable. Os líderes nacionais e comunitarios de Costa de Marfil deben asegurar que as persoas responsables do benestar dos nenos sexan capaces de traballar e que a infancia non se coloque na primeira liña da confrontación política.UNICEF e os seus colaboradores están a atender as necesidades dos desprazados internos e daqueles que cruzaron as fronteiras cara a Liberia e Guinea. Máis de 28.000 marfileses, dos que máis do 75% son nenos e mulleres, se refuxiaron en comunidades de Liberia onde as familias que os acollen xa tiñan anteriormente problemas para acceder a alimentos, refuxio, auga, saneamento e servizos sanitarios. En Costa de Marfil, UNICEF xa distribuíu 20 toneladas de subministracións no oeste para asistir á poboación necesitada. Tamén se preparou unha campaña contra a febre amarela para evitar que se estenda o brote que está a afectar a dous distritos do país e que xa se cobrou 25 vidas dende finais de outubro de 2010. O prezo dos alimentos incrementouse gradualmente na rexión occidental de Costa de Marfíl dende o inicio da crise. A longo prazo, isto pode afectar a situación nutricional dos nenos que viven nas familias máis pobres que se viron obrigadas a usas as súas reservas.

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.  

Más información:

Dailo Allí,
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55,
E-mail: [email protected]