UNICEF organiza un "baby shower virtual" en honor ao primeiro bebé de Shakira e Gerard Piqué

Os seus fans poden axudar os nenos e nenas desfavorecidos no mundo a ter un comezo digno na vida por medio dunha páxina web que permite comprar Regalos Azuis

A cantante e compositora de fama mundial e Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF, Shakira, e o astro do FC Barcelona Gerard Piqué invitan hoxe a todos os seus amigos e fans a que se unan a un baby shower virtual para apoiar os bebés desfavorecidos do mundo.

"A chegada do noso primeiro bebé é un momento único nas nosas vidas, por iso quixemos invitalos ao noso baby shower en asociación con UNICEF, a través do cal poden apoiar bebés de todo o mundo que viven en condicións de pobreza extrema, co fin de ofrecerlles un comezo digno na vida", di o convite de Shakira e Gerard. "Grazas de corazón e reciban un abrazo grande". A parella, que espera o seu primeiro bebé, decidiu compartir a súa ilusión utilizando o potencial das súas redes sociais. Obaby shower virtual inclúe a participación de fans nos medios sociais que poden visitar o cuarto virtual de Shakira e Gerard. Alí, os convidados poden aprender cuestións sobre a supervivencia infantil e adquirir un "Regalo Azul" para axudar aos bebés arredor do mundo a ter un comezo digno na vida. Os Regalos Azuis deUNICEF son produtos reais que salvan vidas, e que se distribuirán entre os nenos e as comunidades dalgúns dos cantos máis pobres do planeta. No baby shower virtual, os Regalos Azuis pódense adquirir por varias cantidades: con só 3,36 euros é posible adquirir un mosquiteiro para garantir que, mentres dormen, os nenos estean protexidos contra a malaria, unha das principais causas de mortalidade en todo o mundo. Por 7,46 euros, os convidados poden comprar vacinas contra a polio para protexer 17 nenos contra esta enfermidade viral incurable, mentres que con 27,60 euros é posible comprar unha báscula para pesar bebés e supervisar o crecemento durante os primeiros anos fundamentais das súas vidas.

O regalo co prezo máis elevado custa 82,06 euros, que servirán para adquirir alimentación terapéutica, unha pasta elaborada a base de cacahuete que pode salvar un neno con desnutrición grave. A desnutrición é unha ameaza constante para as vidas infantís en moitas rexións do mundo. Nestes momentos, preto de 20 millóns de nenos e nenas sofren desnutrición aguda severa, o que os sitúa en risco mortal. "Cada parella que está a esperar un bebé, comparte, ao igual que nós, os mesmos sonos e esperanzas para os seus fillos", dixoShakira. "Non obstante, moitos deles non contan coas mesmas oportunidades para brindarlles unha infancia feliz libre de enfermidades prevenibles e doadamente curables. Xuntos podemos cambiar isto". O cuarto interactivo permite observar o labor de Shakira con UNICEF e sitúa nun novo nivel o compromiso nos medios de comunicación social. Shakira e Gerard dan a benvida aos convidados mediante unha mensaxe en video persoal. Despois da compra dun Regalo Azul, recibirán unha mensaxe de agradecemento persoal por parte da parella. Ademais, fotos exclusivas deShakira e Gerard, tomadas por Jaume Laiguana en Decembro de 2012, estarán expostas na páxina web do baby shower. O enlace co baby shower virtual de Shakira e Gerard Piqué é o seguinte: https://www.unicef.es/shakiraAo redor de 19.000 nenos e nenas menores de cinco anos seguen morrendo no mundo todos os días debido a causas que en boa medida pódense evitar. Os Regalos Azuis, doados deste xeito tan especial, salvarán sen dúbida moitas vidas. A mortalidade de menores de cinco anos descendeu de preto de 12 millóns en 1990 a menos de 7 millóns en 2011. Pero aínda queda moito por facer, e os proxectos innovadores como o baby shower virtual de Shakira e Gerard conUNICEF contribuirá a reducir os niveis, inaceptablemente elevados, de mortalidade infantil.

Más información:

Marissa Buckanoff, UNICEF Nova York, Tel: +1 (212) 326 7513, [email protected]

 

Dailo Alli, UNICEF España, Tel: +34 609 160 051,[email protected]