UNICEF manifesta o seu horror polo impacto nos nenos da violencia en Sirya

Declaracións de Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF

UNICEF manifesta o seu horror polo impacto que está a producir nos nenos a escalada de violencia en Sirya.  

Os chamamentos realizados pola comunidade internacional para deter a violencia foron ignorados. Cada vez máis nenos están a ser asasinados e feridos. Con moita frecuencia os feridos non poden ter acceso a atención médica. Moitos foron testemuñas da violencia e perderon os seus seres queridos. É moi alarmante escoitar como as familias sirias suplican axuda e ver que aumenta o sufrimento dos nenos. UNICEF faise eco dos chamamentos que piden o cesamento inmediato de todo acto de violencia e que se permita de inmediato o acceso humanitario a todas as persoas que necesitan asistencia. Pedimos a todas as partes involucradas que recorden que os nenos non teñen ningunha responsabilidade sobre a violencia que enfronta aos maiores. Son, sinxelamente, as vítimas desta traxedia.

Más información:

 

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]