UNICEF intensifica o seu traballo ante o brote de cólera que ameaza miles de persoas afectadas polo conflito en Malí

Dúas persoas morreron e outras 20 necesitan tratamento urxente debido a un brote de cólera aparecido na rexión de Gao. Este é o primeiro brote da enfermidade que aparece en Malí dende o inicio da tempada de chuvias. Xunto ao Ministerio de Saúde, a OMS e outros aliados, UNICEF está a intensificar o seu traballo a favor das comunidades afectadas no distrito de Asongo, e ademais está a levar a cabo actividades de prevención e concienciación.

"Todos debemos actuar rapidamente ou a enfermidade seguirá cobrándose a vida dos máis vulnerables, sobre todo os nenos" dixo a Representante de UNICEFno país, Francoise Ackermans. "Imos seguir traballando coas comunidades para ensinalos a evitar que esta enfermidade se estenda e para que saiban que facer se as persoas se enferman" agregou. A cólera é unha enfermidade causada pola falta de hixiene e saneamento, e pódese contraer ao comer ou beber alimentos contaminados. A falta de servizos sanitarios pode provocar que os tratamentos cheguen tarde ou sexan inadecuados. A enfermidade a miúdo asóciase coas comunidades máis pobres e máis vulnerables, xa que é menos probable que teñan latrinas e auga potable.UNICEF e os seus aliados están a traballar nas zonas afectadas para garantir unha resposta eficaz, con equipos de tratamento de auga, cloro, medicamentos e materiais para concienciar as comunidades.

Dende o 11 de maio UNICEFenviou máis de 40 toneladas de materiais de hixiene, ademais de subministracións para garantir auga potable a máis de 54.000 persoas nas zonas afectadas e para desinfectar 10 plantas de tratamento de cólera. Por outra parte, UNICEF está a traballar coas autoridades locais, a sociedade civil e as comunidades dos distritos afectados para mellorar o acceso a auga potable e saneamento e para concienciar as familias sobre como previr a propagación da enfermidade. Ademais, está a apoiar aos centros de saúde con subministracións, formación e experiencia. "Nos próximos meses débense poñer en marcha campañas para fomentar o lavado de mans, tratar a auga potable e sensibilizar a través de raios locais e nacionais, ademais de realizar visitas porta a porta e a líderes relixiosos. Isto axudará a reducir os casos de cólera nas zonas afectadas e a evitar que se estenda a outras partes do país ou a países veciños" dixo Ackermans.

A deterioración dos servizos sociais no norte deMalí contribúe á propagación da cólera, polo que preocupa que os brotes poidan ser moito peores que en anos anteriores.UNICEF continúa apoiando ao goberno, as ONG e a sociedade civil para responder ante as necesidades inmediatas do país e diminuír o impacto da epidemia de cólera nas familias e comunidades vulnerables.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]