UNICEF ENVÍA SUBMINISTRACIÓNS A NENOS E FAMILIAS AFECTADOS POLAS INUNDACIÓNS EN SERBIA

UNICEF enviou a Serbia subministracións básicas para dar resposta á emerxencia que está a ter lugar no país balcánico. O primeiro envío de kits de hixiene para cubrir as necesidades básicas de 2.000 familias con nenos encóntrase actualmente nos centros colectivos de Belgrado. As subministracións están a ser distribuídas a través da Cruz Vermella e o Ministerio do Interior.

No comezo desta situación de emerxencia, UNICEF, en colaboración cos seus aliados, mobilizou un equipo de 120 voluntarios co fin de proporcionar apoio psicosocial aos nenos e familias evacuadas. Despois dunha avaliación completa da situación e as necesidades en 20 centros colectivos en Belgrado, estes equipos agora traballan a diario cuns 700 nenos aproximadamente. En cada refuxio estableceuse un canto no que UNICEF proporciona materiais educativos, xoguetes e libros. UNICEF está a cooperar estreitamente e coordinando o seu labor polos nenos coa Secretaría da Cidade para o Benestar Social e en colaboración co Ministerio de Educación, Ministerio de Saúde e o Ministerio de Defensa, así como coas universidades e aliados do sector civil.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]