UNICEF envía subministracións de emerxencia para os nenos e as familias afectadas polo ciclón en Tuvalu

UNICEF está a enviar subministracións vitais de emerxencia ás comunidades afectadas polo ciclón en Tuvalu. O arquipélago composto por nove illas cunha poboación de preto de 11.000 persoas declarou o estado de emerxencia, tras as marusías causadas polo ciclón tropical Pam.

Os informes iniciais de Tuvalu suxiren que Nui, e en menor medida outras illas, foron duramente golpeadas por mareas tormentosas que inundaron casas, socavado os alicerces de edificios, inundado plantacións de alimentos e matado gando. As reservas de auga nas illas máis afectadas están seriamente danadas, é o caso dos tanques de auga. Moitas clínicas de saúde gobernamentais e tendas privadas, xunto coas súas existencias, víronse danadas ou destruídas.

"Os datos da avaliación mostran que o 42 por cento dos fogares nas illas do norte de Tuvalu resultaron gravemente afectados polas inundacións provocadas polas ondas da marea", dixo Karen Allen, representante de UNICEF Pacífico. "Estas subministracións axudarán a satisfacer as súas necesidades inmediatas de saúde nos próximos días. "

As subministracións, que serán transportados en avión dende Fiyi e chegarán a Tuvalu o 19 de marzo, inclúen kits básicos de saúde, 1.000 paquetes de comprimidos purificadores de auga e cápsulas de vitamina A.

Os kits sanitarios conteñen medicamentos e subministracións médicas para un máximo de 10.000 persoas, mentres que os comprimidos purificadores de auga axudarán a garantir auga segura para os nenos e a previr enfermidades como a diarrea, parasitos intestinais e a febre tifoide. A vitamina A pode estimular o sistema inmunolóxico dos nenos e aumentar a súa resistencia ás enfermidades, mellorando as súas posibilidades de supervivencia, crecemento e desenvolvemento.

Mantendo a atención en Vanuatu, a illa máis afectada, UNICEF reforza o seu compromiso de prestar apoio e asistencia ás comunidades afectadas en toda a rexión. Actualmente, hai ao redor de 89 membros de UNICEF distribuídos en FiyiKiribati, Illas Salomón, Tuvalu e Vanuatu e máis persoas están en camiño para apoiar na eme
rxencia.

Más información:

·         Donna Hoerder (Suva, Fiji), Tel: +679 3236 100 [email protected]

·         Andrew Brown (Bangkok), Tel: + 66 2 356 9407 [email protected]

·         Rose Foley (New York), Tel: +1917 340 2582 [email protected]

·         Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55;  [email protected]