UNICEF envía axuda aos afectados polas inundacións en Sri Lanka

Hoxe chegou a Sri Lanka un segundo envío con materiais subministrados por UNICEF dirixido ás persoas afectadas polas inundacións que azoutan o Leste do país. Neste segundo envío inclúense 4.961 kits de hixiene, 10.000 cubos de plástico, 15.000 esteiras para durmir e 150 potas para cociñar.  

ColomboEste segundo envío de subministracións distribúese despois do envío de sete camións de carga enviados por UNICEF para asistir a un millón de persoas afectadas polas fortes inundacións. Nese primeiro envío incluíronse 50 tanques de auga (con capacidade para 1.000 litros cada un), comprimidos para potabilizar ata 2 millóns de litros de auga, 7.000 lonas, cloro en po para esterilizar, 7.000 esteiras para durmir, 3.000 cubos, 30.000 xabóns e potas de cociña. A infancia é o colectivo que máis sofre neste tipo de inundacións. Moitos non saben nadar e algúns son demasiados débiles como para valerse por si mesmos. Os envíos de UNICEF foron xestionados por membros do goberno local que estiveron a traballar xunto a militares de Sri Lanka para distribuír a axuda necesaria para os desprazados. Os distritos de Batticaloa e Amparaforon especialmente azoutados.

Segundo o Goberno,faleceron 27 persoas, 47 resultaron feridas e máis de 367.000 foron desprazadas polas inundacións.Onte xoves (13 de xaneiro) non choveu pero hoxe volveu facelo. Estas subministracións de axuda de UNICEF forman parte do esforzo conxunto do Goberno e a ONU para apoiar as comunidades afectadas. Como moitas estradas son intransitables, os militares deSri Lanka están a utilizar embarcacións para distribuír a axuda. Mentres tanto, Nacións Unidas está preparando o lanzamento dun chamamento de fondos de emerxencia.  


Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Dailo Allí,
Xefe de Prensa de UNICEF España,
Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55,
E-mail: [email protected]