UNICEF e o PMA chegan a miles de persoas sen acceso a axuda humanitaria durante meses en Sudán do Sur

NOTA DE PRENSA CONXUNTA

A pesar da inseguridade en Sudán do Sur, concretamente no estado do Alto NiloUNICEF e o Programa Mundial de Alimentos (PMA) lograron levar alimentos e atención nutricional a miles de persoas que levaban sen acceder meses á axuda humanitaria.

PMA e UNICEF despregaron un equipo itinerante de resposta de emerxencia para chegar a máis de 27.000 persoas en Wau Shilluk, na beira oeste do río Nilo, fronte á capital do estado de Malakal. Foi a primeira vez que as axencias puideron chegar aos habitantes de Wau Shilluk dende marzo. O equipo finalizou a distribución de alimentos o pasado luns.

Nos últimos meses os problemas de acceso e a preocupación pola seguridade do persoal impediron que as axencias humanitarias chegasen á xente en Wau Shilluk e noutras áreas rurais do Alto Nilo. Moitas organizacións víronse obrigadas a reducir as súas operacións na beira oeste do Nilo debido á falta de seguridade.

"Con poucos ou ningún servizo dispoñibles, os nenos non están a recibir alimentos nutritivos nin atención médica nestes pobos", dixo Jonathan Veitch, representante de UNICEF en Sudán do Sur. "Trátase dunha situación desesperada", engadiu durante unha visita a Wau Shilluk.

Decenas de miles de persoas fuxiron das zonas máis remotas nos últimos meses para chegar ao centro da ONU para a Protección de Civís en Malakal, en busca non só de seguridade, senón de axuda humanitaria.

"Os nosos equipos itinerantes levan recursos vitais ás zonas afectadas polo conflito", dixo Hakan Falkell, director adxunto do PMA en Sudán do Sur. "A maioría de desprazados internos encontraron refuxio en comunidades de acollida, e é crucial chegar ata eles onde estean, para que non queden expostos a máis perigos durante a súa busca de axuda humanitaria,".

En Wau Shilluk, o PMA proporcionou asistencia alimentaria a máis de 20.000 persoas. UNICEF examinou máis de 3.000 nenos menores de 5 anos para comprobar se sufrían desnutrición, vacinou máis de 8.000 nenos menores de 15 anos contra o sarampelo e 7.800 contra a polio. Máis de 400 mulleres embarazadas recibiron a vacina contra as tétanos.

Dende que hai un ano o PMA e UNICEF, xunto a ONG aliadas, empezaron a despregar os equipos conxuntos, coñecidos como Misións de Resposta Rápida, chegaron a máis de 1,3 millóns de persoas, incluídos 220.000 nenos menores de 5 anos, nas zonas de máis difícil acceso do país.

Non obstante é imprescindible que as partes en conflito cesen os enfrontamentos e permitan ás axencias humanitarias un acceso continuo á xente con necesidades nas áreas remotas.

"Podiamos ver que a xente está a loitar; só había algo de peixe e uns poucos tomates á venda no mercado, e case ninguén tiña os medios para compralos, dixo Valerie Guarnieri, directora rexional do PMA para África do Leste e Central, durante unha visita a Wau Shilluk. "Necesitamos unha presenza máis forte das organizacións humanitarias en lugares como Wau Shiluk para proporcionar inmediatamente alimentos e apoio nutricional, así como para reabrir escolas, garantir o funcionamento dos servizos sanitarios e apoiar a produción agrícola".

O temor á violencia, xunto coa falta de asistencia en lugares como Wau Shiluk, desencadeou unha entrada masiva no centro da ONU para a Protección de Civís en Malakal. Só este mes chega
ron preto de 11.000 persoas. Tres cuartas partes dos recén chegados son nenos. A poboación do centro podería chegar ás 50.000 persoas nuns días, pero está deseñado para acomodar a 18.000.

"A este ritmo, a situación no centro de Malakal desbordarase, e non seremos capaces de proporcionar suficientes servizos e recursos aos nenos que atravesaron un inferno para chegar a un lugar seguro", dixo Veitch.

Dende que a violencia estalara en decembro de 2013, máis de dous millóns de persoas tiveron que deixar os seus fogares, e 4,6 millóns de persoas enfróntanse a unha grave inseguridade alimentaria.

Para descargar fotos e vídeos:

https://weshare.unicef.org/mediaresources

Más información:

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 609 160 051, [email protected]

Claire McKeever, especialista de comunicación, UNICEF Sudán do Sur, móvil: +211 955 109 325; Email: [email protected]

George Fominyen, PMA/Juba, Móvil, +211 922 465 247 Email: [email protected]

Patricia Souza, UNICEF Oficina Regional de UNICEF para África Oriental e Meridional, movil: + 254 719 214505; Email: [email protected]

Challiss McDonough, PMA/Nairobi, Tel. +254 20 762 2179, Móvil +254 707 722 104 Email: [email protected]