UNICEF desprega unha campaña de vacinación masiva na rexión iraquí do Kurdistán

UNICEF e as autoridades do Goberno Rexional do Kurdistán (KRG) acordaron medidas urxentes para previr a propagación da poliomielite e outras enfermidades entre a gran cantidade de nenos e nenas desprazados pola violencia continua na rexión curda de Iraq.

Rekawt H.Rashid Karim, Ministro de Saúde do Goberno Rexional de Kurdistán e Marzio Babille, Representante de UNICEF en Iraq, reuníronse o martes e acordaron expandir a inmunización para incluír as poboacións de acollida, campamentos de desprazados e cruces fronteirizos. Esta crise vese agravada pola reaparición da poliomielite en Iraq, que rexistrou o seu novo primeiro caso este ano, catorce anos despois da cal o país eliminase a poliomielite mediante campañas de inmunización masiva. A debilitada inmunización de rutina e a incapacidade para chegar aos nenos con servizos de inmunización nas zonas de conflito e nas poboacións desprazadas, fai que Iraq e á rexión sexan extremadamente vulnerables a un gran brote de poliomielite.Babille avogou fortemente pola expansión dos servizos de inmunización contra a poliomielite máis alá dos campos de refuxiados sirios, que era o obxectivo principal da campaña de catro días que comezaron o 15 de xuño, así como o envío de equipos de inmunización contra a poliomielite aos puntos de tránsito onde as poboacións desprazadas entran ou saen da rexión do Kurdistán. UNICEF tamén pide esforzos rápidos para protexer os nenos desprazados contra o sarampelo e proporcionarlles vitamina A. Marzio Babillefalou sobre o apoio que se dará ao Ministerio con vacinas e tamén coa experiencia técnica en mobilización social e comunicación externa. Nunha reunión de seguimento celebrada o 18 de xuño, o Ministro acordou apoiar a vacinación contra a polio e o sarampelo en postos de control, os campamentos e os cruzamentos fronteirizos, cunha campaña de posta ao día contra a poliomielite planeada tentativamente do 29 de xuño ao 3 de xullo dirixida a máis de 700.000 nenos e nenas menores de cinco anos. Esta será a primeira vez que Iraq organiza unha campaña masiva de saúde pública durante o Ramadán. Para descargar fotos: http://uni.cf/1oHDSti

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España,

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]