UNICEF condena o recrutamento de máis nenos soldado e o asasinato dun neno en República Centroafricana

UNICEF condena nos termos máis enérxicos o recrutamento de máis nenos soldado e o asasinato dun neno de 17 anos.

O 24 de abril, un militar Seleka coñecido como o Coronel ordenou roubar un vehículo a dous mozos de 17 e 19 años*nun barrio de Bangui. Posteriormente unha multitude reuniuse no lugar onde se produciu o roubo para apedrar ata a morte aos mozos mentres o Coronel que liderou o roubo fuxía da escena do delito. Os dous mortos foran desmolibizados do movemento rebelde Convención de Patriotas pola Xustiza e a Paz e dun grupo de 64 nenos e mozos asociados con grupos armados que se mudaran a Bangui en decembro de 2012 tras intensificarse os enfrontamentos. Moitos foron colocados con familias de acollida e algúns foron recrutados novamente despois de que o grupoSeleka se apoderase da capital en marzo. "Queremos expresar os nosos respectos ás familias dos dous mozos, un deles menor de idade, e condenar as accións que conduciron a esta traxedia, " dixo o Representante de UNICEF en República Centroafricana Souleymane Diabate. "Facemos un chamamento urxente para protexer os nenos afectados polo conflito, pedimos a liberación inmediata de todos os nenos asociados a grupos armados. Débese actuar contra aqueles que están a recrutar e usando os nenos para cometer crimes. "UNICEF insta a todas as partes a que protexan os dereitos dos nenos afectados polo conflito armado en República Centroafricana. UNICEF está a traballar de xeito intenso para parar o recrutamento de nenos e apoialos na liberación e reunificación coas súas familias e comunidades. Todos os nenos teñen o dereito de ser protexidos da violencia. O recrutamento e o uso de nenos en conflitos armados é unha das seis violacións graves aos dereitos dos nenos segundo a Resolución 1612 do Consello de Seguridade e aqueles que cometen eses crimes contra os nenos deben asumir as súas responsabilidades.

*Se ocultan os nomes para protexer a identidade das familias.

Sobre a Resolución 1612 do Consello de Seguridade

O Consello de Seguridade das Nacións Unidas estivo involucrado en cuestións relacionadas cos nenos que sofren os conflitos armados dende 1999. En 2005, o Consello de Seguridade pediu a través da Resolución 1612 do Secretario Xeral das Nacións Unidas establecer un mecanismo de supervisión e presentación de informes (MRM), xestionado polos grupos de traballo desprazados nos países e dirixido conxuntamente por UNICEF e o máximo representante daONU no país, co fin de proporcionar información oportuna e fiable sobre as seis violacións graves aos dereitos dos nenos: o recrutamento ou a utilización de nenos por grupos armados e forzas armadas, o asasinato e mutilación de nenos, violacións e outros actos de violencia sexual, secuestros, ataques contra escolas e hospitais e a denegación do acceso humanitario. A retirada dos nenos dos grupos armados na República Centroafricana é parte dos esforzos dun grupo de traballo das Nacións Unidas, co mandato do Consello de Seguridade da ONU, que ten como obxectivo liberar e rehabilitar os nenos afectados polos grupos armados. Ata a data, tres grupos armados, entre eles a Convención de Patriotas para a Xustiza e a Paz (CPJP), asinaron un plan de acción para previr e poñer fin a estas violacións.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]