UNICEF axuda a que os nenos regresen á escola a pesar do conflito en Iemen

O continuo conflito en Iemen ten un impacto desvastador no sistema educativo do país e nas oportunidades de acceso á educación de millóns de nenos.

Os intensos bombardeos e o combate nas rúas durante meses forzaron o peche de máis de 3.600 escolas e o desprazamento dos alumnos e as súas familias a zonas máis seguras do país. Polo menos 248 escolas sufriron danos directos; outras 270 acollen desprazados internos e 68 están ocupadas por grupos armados.

Para asegurar que os nenos non perden completamente o curso escolar, UNICEF está a favorecer o acceso a clases de recuperación a máis de 200.000 alumnos. Estes son só algúns dos 1,8 millóns cuxa educación se viu interrompida durante dous meses ou máis.

Estas clases de reforzo son para os nenos que teñen que facer exames nacionais a mediados de agosto para obter o título de educación básica ou secundaria.

"É crucial dar aos nenos de Iemen unha educación axeitada para o seu futuro, pero tamén para o das súas familias e comunidades", afirmou Julien Harneis, representante de UNICEF en Iemen. "Estamos a facer todo o que podemos para que os nenos volvan á escola e que non teñan que abandonar definitivamente a súa educación. Instamos as partes do conflito a que respecten a seguridade das escolas para dar á infancia a oportunidade de aprender", engadiu.

O Ministerio de Educación está a mobilizar os profesores necesarios, algúns dos cales fuxiron da violencia. Nos casos en que as escolas estean danadas ou utilizadas polos desprazados ou os grupos armados, proporcionaranse espazos temporais para a aprendizaxe como tendas de campaña.

Dende o comezo do conflito UNICEF traballou cos seus aliados para facilitar a integración dos alumnos cuxas familias foron desprazadas para que poidan examinarse en calquera escola nas que poida
n facelo de forma segura.

UNICEF tamén está a proporcionar recursos para o ensino e a aprendizaxe, como cadernos, lapis e mochilas, debido a que os ingresos de moitas familias se viron severamente afectados, ao mesmo tempo que se pechaban e destruían mercados, dificultando a obtención dos materiais que necesitan.

O comezo do próximo ano escolar está previsto para o 5 de setembro, pero dependerá en boa medida da situación de seguridade. Os alumnos dos colexios con capacidade para continuar o ensino recibirán clases de reforzo para cubrir os máis de dous meses perdidos como consecuencia do conflito.

"Vin nenos intentando escribir no chan porque te moitas ganas de aprender" dixo Jameelah Sailan, directora do colexio de nenas Arwa na gobernación de Sa'ada. "Moitos pais dinnos o preocupados que están de que os seus fillos estean a perder clases. Esperan que a guerra remate para que as súas vidas volvan á normalidade e os seus fillos poidan continuar indo ao colexio e teñan un futuro brillante", engadiu Sailan.

Antes do conflito, a taxa de escolarización neta de Iemen era dun 79%, mentres que 2 millóns de nenos en idade escolar quedaron fóra da escola debido á pobreza, a baixa calidade do ensino e o conflito.

UNICEF pide 11 millóns de dólares (algo máis de 10 millóns de euros) para apoiar a rehabilitación dos colexios danados, proporcionar recursos para o ensino e a aprendizaxe, a formación de profes
ores e traballadores da comunidade para dar apoio psicolóxico e levar a cabo unha campaña de volta á escola.

Más información:

Mohammed Al-Asaadi, UNICEF Sana’a, [email protected], +967 711760002

Bismarck Swangin, UNICEF Amman, [email protected], +962 790 157 636

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra [email protected], +41 799639244

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, [email protected], +1 917 209 1804

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]