UNICEF aumenta o seu traballo de emerxencia en Filipinas ao chegar a 4.000.000 o número de nenos afectados polo tifón

UNICEF está a acelerar a distribución de subministracións de emerxencia nas rexións filipinas devastadas polo Super Tifón Haiyan, que arrasou o país o pasado 8 de novembro, xa que segundo as últimas estimacións uns 4 millóns de nenos poderían verse afectados polo desastre.

Xa se están a preparar subministracións adquiridas en provedores do país, como alimento terapéutico para nenos, equipos sanitarios e kits de auga e hixiene para apoiar 3.000 familias das zonas afectadas, sendo prioritaria a súa distribución na área deTacloban tan pronto como sexa posible o acceso. "Estámonos a apresurar para conseguir subministracións esenciais para os nenos, que son os máis afectados por esta crise," dixo o Representante de UNICEF en FilipinasTomoo Hozumi. "É moi difícil chegar ás zonas máis afectadas, xa que hai problemas de acceso debido aos danos causados polo tifón ás infraestruturas e as comunicacións. Pero estamos a traballar día e noite para encontrar o xeito de conseguir que estas subministracións cheguen aos nenos tan pronto como as condicións o permitan. " O almacén de subministracións de UNICEF en Copenhaguen fretou un continxente valorado en 1.300.000 dólares que servirá para apoiar unhas 10.000 familias. O envío inclúe produtos destinados aos afectados polo terremoto que azoutou recentemente Bohol. Entre os materiais enviados hai comprimidos potabilizadoras de auga, xabón, kits médicos, lonas e suplementos alimentarios.

Os nenos que sobreviviron á terrible violencia deHaiyan necesitan axuda urxente para recuperarse das secuelas da tormenta. Existe unha especial preocupación polo impacto na saúde dos habitantes, xa que o tifón produciu danos nos sistemas de auga e saneamento. Os nenos tamén necesitan espazos seguros e protexidos para poder xogar e volver estudar, mentres os adultos traballan para recuperar os seus fogares e os medios de subsistencia. "Mentres analizamos a situación para coñecer mellor o impacto desta desvastadora crise, o que temos claro é" que hai máis nenos afectados do que pensamos nun primeiro momento", dixo Hozumi. "UNICEF está a facer todo o posible para chegar a estes nenos, e facer chegar o máis rápido posible estas subministracións vitais para protexer a súa saúde, seguridade e benestar nos días difíciles que teñen por diante. "

Para colaborar co traballo de UNICEF ante esta emerxencia en Filipinas:

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/unicef-presta-ayuda-de-emergencia-en-filipinas

Fotos e videos disponibles:

http://weshare.unicef.org/mediaresources

Más información:

Dailo Alli, xefe de prensa UNICEF España, 609 160 051, [email protected]