UNICEF advirte de que as vidas de moitos nenos están en risco se continúa a seca na República Democrática Popular de Corea

Os nenos están a sufrir como resultado da seca nalgunhas partes da República Democrática Popular de Corea, e moitos máis poderían estar en serio risco de desnutrición e enfermidade se a situación continúa, advertiu hoxe UNICEF.

O persoal de UNICEF reuniuse recentemente nas provincias afectadas con oficiais locais de saúde, os cales confirman informes de aumentos significativos de diarrea entre os nenos, xa que a falta de chuvia ameaza o acceso a auga potable e saneamento.

Os datos sobre as precipitacións e a información das axencias humanitarias e do goberno indican que algunhas zonas da RDP de Corea xa se están a enfrontar a unha seria seca.

"A falta de chuvia restrinxe o acceso a auga limpa e socava unha hixiene eficaz, o cal pon as vidas dos nenos en risco", dixo o director rexional de UNICEFDaniel Toole. "UNICEF xa recibiu informes de que a incidencia da diarrea, a causa principal de mortalidade entre nenos pequenos a nivel mundial, aumentouseriamente nos primeiros meses de 2015 nas provincias afectadas pola seca".

Os datos que recibiu UNICEF mostran que tres provincias (Hwanghae do Norte, Hamgyong do Sur e Hwanghae do Sur) son as máis afectadas pola diminución das chuvias.


A información actual sobre a incidencia da diarrea infantil nestas provincias durante os seis primeiros meses de 2015 mostra:

· Un aumento do 71% na provincia de Hwanghae do Norte

· Un aumento do 34% na provincia de Hamgyong do Sur

· Un aumento do 140% na provincia de Hwanghae do
Sur

A preocupación de UNICEF polo impacto da seca agrávase polo xa pobre estado nutricional de moitos nenos na RPD de Corea. Segundo un estudo de 2012, a cuarta parte dos nenos en RPD Corea tiñan síntomas de desnutrición crónica, unha condición causada habitualmente por unha combinación de auga contaminada e saneamento deficiente, unha inxestión de alimentos insuficiente e un acceso inadecuado aos servizos de saúde. Estes nenos son especialmente vulnerables, porque os nenos con desnutrición teñen menos resistencia ás enfermidades transmitidas pola auga.

UNICEF entregou subministracións de emerxencias que xa estaban preparados para axudar aos que están nas provincias máis afectadas, como pastillas potabilizadoras de auga, depósitos para almacenar auga e subministracións médicas para nenos con desnutrición aguda grave. Ademais intensificouse a formación sobre como tratar os nenos con desnutrición aguda grave.

Levará tempo garantir que a auga, hixiene, subministracións médicas, e a experiencia e coñecementos necesarios para utilizalos, estean dispoñibles nos niveis necesarios se continúa a seca. O illamento do país e a falta de financiamento de programas para a infancia na RDP de Corea únense á necesidade dunha acción rápida.

Varias das provincias afectadas pola seca son unha fonte clave de cultivos de alimentos básicos na RDP d
e Corea. Se a colleita principal falla nestas provincias, os alimentos poderían escasear no país. Isto podería aumentar de xeito dramático o número de nenos en risco.

"A situación é urxente. Pero se actuamos agora, almacenando subministracións e proporcionando a experiencia e coñecementos que se necesitan, podemos salvar vidas, explicou Toole."Se nos atrasamos ata ter a certeza das malas colleitas, podería ser demasiado tarde para salvar as vidas dos nenos máis vulnerables".

Más información:

Christopher de Bono, UNICEF Asia Oriental e o Pacífico, Bangkok, [email protected]   

Andrew Brown, UNICEF Asia Oriental e o Pacífico, Bangkok, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]