Une a túa voz á de UNICEF e Imaxina un mundo mellor para os nenos

Co fin de crear máis conciencia sobre os dereitos dos nenos, UNICEF invita todos os aspirantes a ser estrelas do pop a cantar Imagine, de John Lennon, xunto a Hugh Jackman, Katy Perry, Angélique Kidjo, Priyanka Chopra, Yoko Ono e David Guetta.

Durante un evento musical que terá lugar hoxe na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, UNICEF dará a coñecer o proxecto #IMAGINE, que forma parte das celebracións do 25º aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno.

O proxecto #IMAGINE reúne á artista Yoko Ono, ao renomeado produtor musical e DJ David Guetta, a varios Embaixadores de Boa Vontade de UNICEF -como Katy PerryAngélique KidjoDaniela MercuryPriyanka ChopraYuna Kim- e a un destacado grupo de patrocinadores famosos co propósito de xerar un acontecemento sen precedentes na historia da música para destacar os enormes desafíos que confrontan os nenos do mundo.

Mediante unha nova experiencia dixital interactiva accionada por TouchCast, todo o mundo poderá gravar as súas propias versións de Imagine, o lendario himno da paz e a esperanza de John Lennon, acompañando as súas estrelas favoritas. UNICEF espera que a convocatoria produza a maior gravación coral destas características da historia.

David Guetta producirá as gravacións dos individuos participantes, dos Embaixadores de Boa Vontade de UNICEF e doutros artistas nunha versión multilingüe "mundial" de Imagine. Tanto as voces coma as imaxes dos que colaboren co proxecto poderían ser incorporadas na nova versión de Imagine de UNICEF e no correspondente vídeo musical interactivo que crearán TouchCast e TheBridge.co. Ambas as dúas creacións serán presentadas en público en vésperas de Fin de Ano.

"A Convención sobre os Dereitos do Neno pediunos a todos que imaxinásemos un mundo mellor para os nenos, e séguenos convocando a todos para que fagamos realidade esa visión", afirmou Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "O proxecto #IMAGINE brinda a todo o mundo a oportunidade de sumarse a un movemento mundial en favor da infancia poñendo as súas ideas, a súa visión e, o que resulta igualmente importante, as súas voces, ao servizo dos dereitos de todos os nenos de todo o mundo".

As persoas que participen na campaña #IMAGINE poderán compartir as súas gravacións da clásica canción de John Lennon cos seus familiares e amigos das redes sociais e alentar os demais a que eles tamén interpreten Imagine. Así mesmo, poderán gravar mensaxes persoais describindo ese mundo mellor que imaxinan para os nenos.

"Un sono que só soña unha persoa pode ser soamente un sono, pero os sonos que soñan dúas persoas xuntas son realidades", comentou Yoko Ono.

Os participantes tamén poderán efectuar doazóns a UNICEF.Os fondos que se recaden por medio do proxecto #IMAGINE destinaranse a programas de educación, nutrición, atención da saúde, inmunización, subministración de auga potable e saneamento, protección e axuda de emerxencia aos nenos de máis de 150 países e territorios.

Estou realmente entusiasmado por poder colaborar con UNICEF neste proxecto incrible. A nosa versión 'mundial' de Imagine non se parecerá a ningunha outra. Estou orgulloso de formar parte desta celebración", explicou Guetta. "O mundo ten que saber que todas as voces contan, e que tamén contan todos os nenos".

O acto na Asemblea Xeral das Nacións Unidas incluirá actuacións en vivo de Angélique Kidjo, gañadora do Premio Grammy; da compositora e cantante brasileira Daniela Mercury; da estrela da música pop sueco-iraniano Laleh; do violoncelista Trey Lee, de Hong Kong; do músico nixeriano Don Jazzy; e de Kristian Kostov, gañador do concurso do programa de televisión ruso La Voz.

Tamén terán unha participación especial no evento o actor Hugh Jackman, gañador dos premios Globo de Ouro e EmmyYoko Ono; e Björn Ulvaeus, integrante do grupo sueco ABBA.
 

A experiencia dixital #IMAGINE estará dispoñible a partir do 20 de novembro na app TouchCast para iOS ou en http://www.unicef.org/imagine

###

Notas aos editores

Para participar en #IMAGINE, as persoas deben dar estos tres simples pasos:

•      Descargar a app TouchCast para iOS na tenda de apps (App Store) de Apple http://imagine.unicef.org;

•      Gravar a súa versión de Imagine acompañando a John Lennon e un grupo de persoas famosas tras pulsar o botón vermello de gravación;

•      Gravar mensaxes personais describiendo o que imaxinan que sería un mundo mellor para os nenos;

•      Compartir as gravacións con familiares e amigos agregando as etiquetas #EVERYVOICECOUNTS y #IMAGINE.

Acerca de TouchCast

TouchCast é unha plataforma de tecnoloxía de video baseada en Nova York que incorpora o carácter interactivo da Web nas producións de video. TouchCast é unha mesa de traballo con todos os elementos necesarios para a creación, dende escenarios virtuais, pantallas verdes e teleprompter ata telestration, efectos sonoros e visuais e un sistema integrado de creación de títulos e gráficos. TouchCast democratiza a produción de video e ofrece ao espectador a posibilidade de involucrarse e participar na experiencia. Edo Segal, prolífico inventor e empresario, fundou TouchCast en xuño de 2013.

Máis información en www.touchcast.com

Acerca de TheBridge.co

TheBridge.co relaciona a artistas e imaxes de marca por medio de contido creativo e de código. #IMAGINE, un proxecto que dirixen o director e produtor Michael Jurkovac, o director social e estratego Paul Kuhn e os produtores Bill BoydPantera Sarah, Polo Molina e Venus Brown, é a máis recente dunha longa lista de colaboracións artísticas entre as que figuran YESWE CAN (will.i.am), #THEWORLDNEEDSMORE (David Guetta), ELV1S 30 #1 HITS (RCA),WORLD of BETTERS (Alicia KeysK'NaanSunihdi ChuhanJohn Legend e Pitbull) e #URBANJUNGLEWORKOUT (Adriana Lima). Todas elas serviron para crear conciencia erecadar fondos para causas valiosas

Máis información en www.TheBridge.co

Acerca de bMuse

bMuse crea compañías e produtos que dan nova forma ao xeito en que as persoas elaboran e consumen os medios de comunicación. Os nosos produtos abranguen dende novos videoxogos, tanto en formato de vídeo como telefónico, ata xoguetes reais e publicacións dixitais. Contamos cun sistema integramente dixital mediante o cal podemos transformar as ideas sobre novos produtos en operacións comerciais independentes de xeito repetible. Dito en palabras máis simples, usamos a tecnoloxía para reinventar os medios de comunicación.

Máis información en www.bmuse.com

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Elissa Jobson, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7586, Móvil: +1 917 340-3017, [email protected]

Kate Donovan, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7452, Móvil +1 917 378-2128, [email protected]

Raquel Fernández, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]