Última oportunidade para a infancia

Nenos en guerra e fuxindo: no último ano 16 millóns de nenos naceron en rexións en conflito

Nunca desde a Segunda Guerra Mundial, tantos nenos sufriran as consecuencias dos conflitos, as crises e os desastres naturais como está a ocorrer actualmente. Segundo o Informe de 2016 de UNICEF Alemaña preto de 250 millóns de nenas e nenos en todo o mundo están a crecer en rexións en conflito. Moitos máis están en risco de sufrir desastres naturais como secas, inundacións ou epidemias. Ao mesmo tempo a complexidade e duración das emerxencias aumentaron - como ocorre en Afganistán, Siria, Iemen ou Sudán. Só en 2015, 16 millóns de bebés naceron en rexións en conflito. 

"En ningunha rexión en conflito do mundo podemos permitir que os mozo se convertan nunha xeración perdida", dixo o Dr. Gerd Müller, Ministro Federal para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento. "Por iso, fortalecemos o noso compromiso nas áreas de educación, formación profesional, saúde e desenvolvemento psicosocial. UNICEF é un aliado forte en todas elas. Cada euro que investimos na construción de colexios, oportunidades educativas para nenas, programas deportivos ou no tratamento dos traumas logra múltiples efectos en rexións en crises".
 
"A protección infantil e os programas educativos son un salvavidas para millóns de nenos en países afectados por crises", declara Cornelius Williams, xefe dos programas de protección da infancia de UNICEF. "Os nenos son a miúdo incriblemente resilientes. Crecen e desenvólvense a pesar das súas malas experiencias se teñen refuxios seguros, onde poidan xogar e aprender". 
 
"Para os nenos que viven en lugares en guerra ou fuxindo delas, a indigencia é o único fogar posible", di Jürgen heraeus, presidente de UNICEF Comité Alemán. "Con todo é posible darlles o que todo neno necesita: seguridade, confianza, e a posibilidade de xogar e aprender".
 
O informe de UNICEF de 2016 documenta feitos destacables sobre a infancia en rexións en crises:
  • En todo o mundo hai aproximadamente 75 millóns de nenos de entre 3 e 18 anos que non poden asistir á gardaría ou ao colexio ou cuxa educación se ve frecuentemente interrompida por crise ou desastres en curso.
  • De media cada día 4 colexios ou hospitais son obxectivo de ataques. 164 ataques a colexios foron rexistrados só en Afganistán durante o 2014. En Iraq houbo 67 ataques durante o mesmo período. En Nixeria o grupo terrorista Boko Haram destruíu ou danou 1200 colexios e matou a máis de 600 profesores desde o comezo do seu levantamento.
  • En Siria UNICEF certificou máis de 1.500 violacións de dereitos de nenos só en 2015 ? isto só foi a punta do iceberg. No 60% dos casos, os nenos foron asasinados ou mutilados por bombardeos en suburbios densamente poboados. Un terzo das vítimas foron asasinadas de camiño ao colexio.
  • En situacións de guerra e en fuxindo da mesma, a confianza básica dos nenos destrúese. UNICEF estima que o 20% dos nenos afectados polo conflito en Oriente Medio están en risco de desenvolver de leves a graves problemas de saúde mental, do 3 ao 4% poderían desenvolver problemas serios se non reciben axuda.
  • Alemaña é un dos máis importantes apoios de UNICEF na axuda para nenos en países afectados por crises. Con este motivo, o goberno federal destinou aproximadamente 180 millóns de euros ? principalmente para operacións en Siria e os seus países veciños. Por exemplo, en nome da Sociedade Alemá para a Cooperación Internacional (GIZ) UNICEF organizou torneos de fútbol en campos de refuxiados no norte de Iraq, talleres de teatro e lecturas para ofrecer ás nenos actividades diferentes. Centos de nenos participan en grupos de teatro e os adolescentes crearon os seus propios xornais en cada campo.
  • UNICEF liderou 310 operacións globais de emerxencia en 102 países en conflito, crise e desastres naturais durante o 2015. Cos seus aliados, proporcionou auga potable a 25,5 millóns de persoas e vacinado a 23 millóns de nenos contra o sarampión. 2 millóns de nenos con desnutrición aguda recibiron tratamento. 7,5 millóns de nenas e nenos accederon ao colexio e 3,1 millóns recibiron apoio de programas de asistencia psicosocial.

UNICEF destaca que os nenos de regions en crises necesitan algo máis que auga para beber, alimento ou medicamentos. A Axuda Humanitaria e a asistencia para o desenvolvemento deben ir unidas, de maneira que as nenas e os nenos poidan ter unha infancia mellor - aínda nas peores condicións. Isto significa protección, saúde e a posibilidade de asistir á escola.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

 

snapcode unicef peque

@unicef_es