Triplícase o número de nenos tratados por desnutrición aguda en Bangui

O número de nenos tratados por desnutrición aguda grave no maior hospital de Bangui triplicouse no primeiro trimestre de 2014 en comparación co ano pasado, segundo informou hoxe UNICEF.

As autoridades xa advertiron de que a desnutrición infantil aumentará notablemente nos próximos meses na República Centroafricana, onde a maioría das familias non poden plantar as súas colleitas nin gañarse a vida e onde escasea o acceso a auga potable, saneamento ou servizos de saúde. "Aquí, en República Centroafricana, morrerán máis nenos por desnutrición e por enfermidades relacionadas coa desnutrición que polo impacto das balas", dixo o Representante de UNICEF en República Centroafricana, Souleymane Diabaté. "A desnutrición é mesmo máis perigosa na tempada de chuvias, cando a diarrea e a malaria están no seu punto álxido. Ambas as dúas enfermidades poñen en risco a vida dos nenos que xa padecen desnutrición". Dende xaneiro a marzo deste ano, case 680 nenos foron tratados por desnutrición aguda grave con complicacións médicas derivadas dela no hospital pediátrico de Bangui, mentres que no mesmo período do ano pasado foron 214 nenos. O hospital é o maior centro de nutrición do país, no que se atende -xunto a dúas tendas montadas por UNICEF e Acción contra a Fame-, aos nenos con desnutrición. Os expertos en nutrición que traballan na República Centroafricana estiman que 28.000 nenos sufrirán desnutrición aguda grave este ano no país, o que supón unha ameaza para as súas vidas e a súa saúde no futuro. No que vai de ano, UNICEF e os seus aliados trataron máis de 6.800 nenos en todo o país grazas a un traballo de emerxencia a grande escala realizado a nivel nacional.UNICEF e os seus aliados están a apoiar a 27 hospitais e 127 centros sanitarios para tratar os nenos que sofren desnutrición en República Centroafricana. Isto supón un grande aumento en comparación a 2013 cando, no punto álxido da crise en marzo, se apoiou a 14 hospitais e 45 centros para o mesmo fin. Os principais aliados en materia de nutrición son Acción Contra a Fame, a Axencia Humanitaria Africana, Cáritas, COHEB, Médicos Sin Fronteras, Cuerpo Médico Internacional, INTER-SOS, Médicos do Mundo, Première Urgence e Save the Children.

Dende o inicio da crise, UNICEF foi o principal provedor de subministracións nutricionais como leite e alimentos terapéuticos preparados para combater a desnutrición aguda grave. No que vai de ano, UNICEF subministrou máis de 4.200 envases de comida e leite terapéutico e, durante este mes, distribuirá outros 2.600 envases por todo o país -que poden curar ata 3.000 nenos.UNICEF necesita 11 millóns de dólares (7,95 millóns de euros) este ano para financiar programas terapéuticos e preventivos contra a desnutrición na República Centroafricana. Ata o momento só recadáronse 3,8 millóns de dólares (2,74 millóns de euros).

###

Nota para a redacciónAproximadamente, un de cada seis nenos non sobrevive ao seu quinto aniversario en República Centroafricana -unha taxa de mortalidade infantil que se encontra entre as seis primeiras de todo o mundo. Mesmo antes de que comezase o conflito en 2013, o 40 por cento dos nenos sufría problemas de crecemento en todo o país e o 24 por cento encontrábase por debaixo do peso recomendado debido á mala nutrición.UNICEF encabeza o grupo de nutrición, un corpo de coordinación formado por diferentes actores que traballan en emerxencias nutricionais que inclúe a: ACH, MSF,IMC, PU-AMI, Cruz Vermella Francesa, MDM, Merlin,Save theChildren, INTERSOS, UNICEF, PMA,OMS, FAO,AHA e COHEB. Con máis de 150 traballadores despregados por todo o país,UNICEF aumentou de xeito notable a súa presenza e as operacións humanitarias en RCA co fin de responder axeitadamente ao agravamento da crise. UNICEF está a reforzar a súa presenza en terreo aumentando o persoal nas oficinas de Bossangoa, Bambari e Kaga Bandoro e coordinando estratexias de longo alcance no oeste e sueste do país.

Máis información sobre o traballo de UNICEF en República Centroafricana:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/conflicto-en-republica-centroafricana

Más información:

Dailo Allí, xefe de prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55/ [email protected]