Tifón Melor: a preparación ante desastres foi fundamental para minimizar o seu impacto nos nenos

UNICEF eloxia as accións que o goberno de Filipinas puxo en marcha para minimizar os danos humanos e materiais causados polo tofón Melor. Unha mellor coordinación do goberno, as evacuacións preventivas e a planificación da resposta, demostraron que un país propenso a sufrir desastres pode unirse para protexer a vida dos seus cidadáns, especialmente os nenos.

O pasado domingo 13 de decembro Melor/Nona pasou de tormenta tropical a tifón, e o goberno comezou a preparar a resposta a todos os niveis, desde o presidente Benigno Aquino III, aos traballadores de emerxencias locais. Filipinas mostrou que o investimento en recuperación a longo prazo pode salvar vidas e diminuír o impacto dos desastres.
 
?Estamos impresionados porque o goberno tomouse as medidas de preparación moi en serio. As evacuacións preventivas e o gran compromiso que mostraron para salvar vidas beneficiaron a cada persoa que vive nas zonas polas que pasou o tifón Melor, especialmente aos nenos, que necesitan atención e coidado especial nas emerxencias?, dixo a representante de UNICEF en Filipinas, Lotta Sylwander.
 
Desde o comezo da resposta ao tifón Haiyan, o traballo de UNICEF en Filipinas en preparación ante desastres e emerxencias complementa os esforzos do goberno para que comunidades e servizos sociais básicos sexan máis resistentes e estean orientados aos nenos. O investimento dos dous últimos anos en redución de risco de desastres, saúde e nutrición, auga, saneamento e hixiene, educación, protección infantil e política trouxo grandes beneficios e promoveu unha cultura de preparación ante desastres entre os traballadores sanitarios, profesores e traballadores de emerxencias, entre outros. Isto demostrouse nos tifones posteriores e, máis recentemente, no tifón Melor.
 
UNICEF traballou estreitamente co goberno, a sociedade civil, o mundo académico e os nenos mediante diversas accións para aumentar a capacidade de recuperación e protexer e promover os dereitos dos nenos a longo prazo. Algúns exemplos de UNICEF nesta área son:
  • Restablecemento do sistema de almacenamento, transporte, distribución e administración de vacinas.
  • Investimento en enerxía solar para afrontar os cortes de electricidade.
  • Promover a colaboración entre os gobernos locais, o mundo académico e a sociedade civil para facer plans de resposta de saúde en emerxencias para os traballadores sanitarios locais das Oficinas de creación de capacidades en Redución de Risco de Desastres e Xestión.
  • Ofrecer oportunidades aos nenos e mozos para que se involucren nas actividades comunitarias de preparación ante desastres.
  • Traballar con oficiais de educación para adoptar Plans de Mellora das Escolas que incorporen elementos de promoción da educación, saúde e seguridade dos nenos.

Mentres o tifón abandona o país, UNICEF e o resto de organizacións de Nacións Unidas continúan preparados para actuar. UNICEF conta con subministracións para 12.000 familias e está listo para axudar ás axencias do goberno responsables de garantir os dereitos da infancia. 

Más información:

Zafrin Chowdhury, xefe de comunicación, UNICEF Filipinas, Tel: +632 901 01 77, móvil: +63 917 867 8366, [email protected]

Marge Francia, oficial de comunicación, UNICEF Filipinas, Tel: +632 901 01 73, móvil: +63 917 858 9447, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]