Terremoto en Nepal: novo chamamento urxente de UNICEF

Ao redor de 1,7 millóns de nenos necesitan axuda urxente nas áreas máis danadas polo terremoto en Nepal, segundo UNICEF.

UNICEF fai un chamamento por valor de 50,35 millóns de dólares (45,6 millóns de euros) para poder proporcionar axuda humanitaria aos nenos e as súas familias ante o crecente risco de brotes de enfermidades. Esta petición de UNICEF forma parte dun chamamento de varias axencias para afrontar as necesidades inmediatas durante os próximos tres meses.

Se ben a poboación infantil afectada nos 35 distritos nos que o Goberno declarou o estado de emerxencia alcanza os 2,8 millóns, UNICEF centrará os seus esforzos nos primeiros 90 días en atender as necesidades urxentes dos 1,7 millóns de nenos que están nos 21 distritos máis devastados.

O terremoto de magnitude 7,9 deixou case 5.000 mortos e máis de 9.700 feridos. Ademais, decenas de miles de persoas permanecen en espazos abertos e campamentos temporais no val de Katmandu e o resto de distritos máis afectados.

"As vidas de moitos nenos foron esnaquizadas e necesitan desesperadamente axuda vital, como auga potable, refuxio e saneamento", di Tomoo Hozumi, representante de UNICEF Nepal.

"Sen auga potable, as enfermidades que se transmiten a través deste medio continúan supoñendo un gran risco para os nenos. Moitas familias están a loitar simplemente para protexerse do sol e da chuvia. Agora esperamos que as necesidades aumenten nos próximos días, conforme recibamos máis información das áreas máis remotas e a magnitude total do desastre se faga máis evidente,".

UNICEF está a traballar cos seus aliados para proporcionar asistencia humanitaria vital, incluíndo auga potable e refuxio.

As últimas actualizacións da resposta de UNICEF i
nclúen:

  • Envío e distribución de tendas de campaña, kits de hixiene, pastillas para potabilizar a auga e cubos, a Gorkha, epicentro do terremoto, onde debido á presenza de cadáveres hai risco de brotes de enfermidades. Tamén se mandaron subministracións vitais a Kavre e Dhading.
  • UNICEF está a repartir pastillas para potabilizar auga, cubos e kits de hixiene en Bhaktapur, onde se estima, que só 1 de cada 5 persoas ten acceso a auga potable.
  • Camións cisterna están a distribuír auga potable en 16 campos informais que se estableceron no val de Katmandu.
  • Os equipos están a identificar e asisten aos nenos que quedaron separados das súas familias.
  • UNICEF está a traballar cos seus aliados para proporcionar apoio psicolóxico aos nenos que viven en campamentos informais, que experimentaron un gran shock.

Máis do 80% das instalacións sanitarias nos cinco distritos máis afectados sufriron grandes danos, polo que a atención aos pacientes se fai na rúa. Das 323 escolas avaliadas en 16 distritos, 274 están danadas parcial ou completamente, o cal subliña a necesidade de espazos temporais de aprendizaxe para protexer os nenos e permitilos establecer unha rutina.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través de teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, +97715523200 ext 1179 Móvil: +9779851054140, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +1917 340 2582, [email protected]

Kent Page, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +19173021735, [email protected]

Chris Tidey, UNICEF, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]