Terremoto en Nepal: dano emocional sen precedentes para os nenos

Os nenos de Nepal enfróntanse a un dano emocional sen precedentes mentres sofren as desvastadoras consecuencias de dous grandes terremotos en dúas semanas e media, segundo advertiu UNICEF.

Miles de nenos e as súas familias volveron aos asentamentos informais en todo o país. Despois do terremoto do 12 de maio moitos teñen demasiado medo para regresar á casa.

"Non podemos subestimar o impacto psicolóxico que estes potentes tremores repetidos teñen sobre os nenos", dixo Rownak Khan, representante adxunto de UNICEF Nepal.

"Eu estaba moi preto do epicentro do terremoto do martes. Os nenos abrazábanse uns a outros e estiveron a chorar durante horas, mentres a xente abandonaba as súas casas. Sabemos que moitos nenos teñen pesadelos, algúns están moi nerviosos e non poden durmir, e outros non se separan dos seus pais".

UNICEF está a reforzar as súas operacións nas áreas afectadas, incluíndo os distritos de Dolakha e Sindhulpachok, os máis afectados polo terremoto do martes. Ademais de proporcionar auga potable, saneamento e subministracións médicas, a organización está a priorizar o apoio psicolóxico aos nenos que están a sufrir un grande estrés.

"Necesitamos estar moi alerta para proporcionar primeiros auxilios emocionais aos nenos cando e onde se necesite", dixo Khan.

"É obvio cando un neno non ten comida, refuxio ou auga potable. Non obstante, os síntomas dunha angustia emocional, como a ansiedade, poden non ser visibles e causar graves danos a longo prazo se non se tratan".

Para axudar aos nenos a enfrontarse ás súas experiencias UNICEF está:

· Apoiando nas áreas máis afectadas do país a terapeutas que ofrecerán axuda especializada aos nenos.

· Establecendo nos campamentos informais decenas de espazos amigos da infancia, onde os nenos poden acceder a apoio psicosocial.

· Dando apoio a clases de arte como terapia para os nenos.

· Executando un programa especial en Raio Nepal -Bhandai Sundai-que permite chamar para que os nenos das áreas máis remotas reciban asesoramento. O programa estábase a emitir dez minutos despois do terremoto do 12 de maio.

· Despregando equipos para identificar e asistir a calquera neno que puidese quedar separado das súas familias.

· Axudando a ab
rir as escolas e establecer centros temporais de aprendizaxe para axudar aos nenos a retomar a súa educación e ofrecerlles un espazo seguro e unha sensación fundamental de rutina.

"É importante que fagamos todo o que poidamos para ofrecer aos nenos o apoio psicosocial que necesitan, así como un ámbito seguro e unha rutina estables que lles axuden a aceptar estas experiencias," dixKhan.

"Os nenos de Nepal xa pasaron demasiado e debemos facer todo o que poidamos para devolverlles unha sensación de infancia".

UNICEF lanzou un chamamento por valor de máis de 50 millóns
de dólares (45,6 millóns de euros) para apoiar a súa resposta humanitaria ao terremoto en Nepal durante os próximos tres meses, como parte dun chamamento máis amplo de varias axencias de Nacións Unidas.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, + 977 9851054140  [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +1917 340 2582, [email protected]

Kent Page, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +011 977 980 203 8951  [email protected]

Mariana Palavra, UNICEF Myanmar (actualmente en Nepal), +977 980 203 9267, [email protected]

Jean-Jacques Simon, UNICEF Asia Meridional, +977-98010-30076, [email protected]

Chris Tidey, UNICEF Nova York, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]