Terremoto en Afganistán e Paquistán: dificultades para levar a axuda aos nenos

A inseguridade, o difícil acceso ás zonas afectadas e as condicións climatolóxicas complican a atención á infancia afectada

Os nenos nas zonas afectadas polo terremoto en Afganistán e Paquistán enfróntanse a máis ameazas mortais, debido a que as condicións extremas e a inseguridade privaron ás comunidades de axuda, advertiu UNICEF.

Ao redor de 200 persoas morreron, incluídas 12 nenas dunha escola, e unhas 1.000 resultaron feridas o tremor de magnitude 7,5. A metade dos afectados son nenos.
 
As fortes choivas e a neve golpearon durante os dous últimos días ás áreas remotas e montañosas afectadas o terremoto. A comunicación é moi pobre e o acceso difícil, debido á dureza do terreo e as condicións de seguridade.
 
"Estamos moi preocupados pola seguridade e o benestar dos nenos, que son os máis vulnerables en calquera desastre e que agora están en perigo de sucumbir ante os elementos, xa que as temperaturas caen en picado", dixo Karin Hulshof, directora rexional de UNICEF para Asia Meridional.    
 
Algunhas das zonas golpeadas polo terremoto continúan inaccesibles, mentres que gran parte do resto da rexión afectada é de difícil acceso, mesmo en circunstancias normais.
 
O persoal de UNICEF en Afganistán e Paquistán está a traballar cos seus gobernos e está preparado para proporcionar subministracións vitais a decenas de miles de nenos afectados e as súas familias.
 
UNICEF advirte de que os servizos sanitarios, de nutrición, hixiene e educativos estarán sometidos a unha presión excepcional, pondo en risco a máis nenos.

Más información:

UNICEF Afganistán:

Akhil Iyer, representante de país, [email protected], Tel: (+93) 0798 50 7100

Denise Shepherd-Johnson, xefa de comunicación, [email protected], Tel: (+93) 0790 50 7110, Móvil: (+93) 0798 50 7110

UNICEF Pakistán:

Angela Kearney, representante de país, [email protected], Tel: (+92) 300 854 4275

Abdul Sami Malik, especialista de comunicación, [email protected], Tel: (+92) 300 855 6654

UNICEF España:

Belén de Vicente, [email protected], Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55