TEAM UNICEF WORLD RUN: A MAIOR CARREIRA CONECTADA A PROL DOS NENOS

UNICEF anima aos corredores profesionais e afeccionados de todo o mundo a unirse a Team UNICEF World Run rexistrándose desde hoxe na páxina web www.teamunicefworldrun.es e conectándose a través da súa aplicación móbil de correr o próximo 15 de novembro

Unha Carreira conectada de 10 km

Team UNICEF World Run é unha carreira solidaria conectada con miles de corredores repartidos por todo o mundo. Esta carreira, que non ten horario nin lugar de saída, permite aos participantes correr onde queiran e á hora que queiran co único requisito de conectar a súa aplicación de correr o día 15 de novembro e correr 10 quilómetros. 

Despois de rexistrarse na páxina web: www.teamunicefworldrun.esos participantes pódense conectar simplemente desde a súa aplicación do teléfono móbil (RunKeeper, Strava, Nike+, Runtastic, MapMyRun, Endomondo) ou desde o seu reloxo GPS (Garmin e Polar). Onde queira que estean, os corredores poden formar equipos de entre 1 e 4 persoas.
 
Corredores de todo o mundo participarán solidariamente na mesma actividade, correndo desde os seus respectivos países aínda cando estean a miles de quilómetros dos demais membros do equipo.

Misión: loitar contra a desnutrición infantil

A Team UNICEF World Run é unha carreira solidaria porque ten como misión a loita contra a desnutrición aguda grave que provoca a morte de case 8.000 nenos cada día en todo o mundo. O total dos fondos que se consigan coa carreira destinarase a UNICEF para apoiar o traballo da organización nesta área.
 
Cunha inscrición de 10€, 8 nenos poderían ser tratados contra a desnutrición aguda grave durante un día. Os primeiros 1.000 inscritos recibirán a camiseta oficial da Team UNICEF World Run.
 
?A pesar dos avances, a desnutrición infantil segue sendo unha das principais ameazas para a supervivencia, a saúde e o crecemento de millóns de nenos. No mundo,  hai 161 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos con desnutrición crónica. Sabemos da importancia de actuar agora. Xuntos podemos conseguir un futuro mellor para todos os nenos e que mellor forma de facelo que a través do deporte. Esta mobilización de tanta xente é unha mensaxe de esperanza e vida? dixo Carmelo Angulo, Presidente de UNICEF España.

Para compartir a mensaxe, os participantes poden:

  •   Compartir fotos dos seus adestramentos e da carreira en Facebook, Twitter ou Instagram, usando o hashtag #TeamUNICEF
  •  Involucrar amigos e familiares para participar na carreira ou para apoiar o seu equipo facendo un donativo a UNICEF

Team UNICEF World Run é un evento organizado por UNICEF e apoiado pola tecnoloxía desenvolvida pola start-up Running Heroes. Ademais conta coa colaboración de Correos.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel. 91 378 95 55 / 609 16 00 51, comunicació[email protected]