As subministracións vitais de UNICEF chegan a Nepal para axudar a 1,7 millóns de nenos severamente afectados polo terremoto

Nas últimas 48 horas, UNICEF distribuíu en Nepal 29 toneladas métricas de subministracións humanitarias como tendas de campaña, lonas pastillas para potabilizar a auga, kits de hixiene e de primeiros auxilios, como parte dos esforzos para chegar a 1,7 millóns de nenos que viven en áreas gravemente afectadas polo terremoto. Nos próximos días UNICEF ten previsto enviar máis artigos a Katmandu.

"A vida dos nenos en Nepal volveuse do revés", dixo Raju Shreshta, xefe de loxística da división de subministracións de UNICEF en Copenhaguen. "Miles morreron, as casas están destruídas. A miña familia e amigos en Nepal tamén están atrapados no desastre. Faltan subministracións médicas e camas nos hospitais. UNICEF enviou tendas de campaña a Nepal para ser usadas como clínicas e como refuxio para os nenos que o necesitan urxentemente. Tamén estamos a enviar pastillas para potabilizar a auga, para asegurar que os nenos e as súas familias teñan acceso a auga potable,".

Poucas horas despois de que o terremoto de magnitude 7,9 devastase moitas zonas de Nepal, UNICEF enviara ás comunidades afectadas pastillas para potabilizar a auga, sales de rehidratación oral e kits de hixiene, grazas ás 30 toneladas métricas de subministracións de emerxencia que xa estaban preparados en almacéns de UNICEF en Nepal. Isto axudará ás familias sen acceso a auga potable como consecuencia do terremoto, a previr as enfermidades que se transmiten por este medio. En Katmandu establecéronse máis dunha ducia de asentamentos informais, e UNICEF e os seus aliados están a levar a todos eles auga potable e artigos de hixiene.

UNICEF e os seus aliados están a traballar co goberno de Nepal para garantir que a axuda humanitaria sexa enviada e distribuída nas comunidades afectadas o máis rápido posible, mediante unha combinación de envíos en voos chárter e comerciais. As axencias humanitarias están a loitar contra os importantes atrasos debidos ás restricións técnicas sobre o peso máximo de aterraxe e o uso de avións de fuselaxe ancha. A conxestión do aeroporto de Katmandu, debido á capacidade limitada de almacenamento e aos medios limitados para distribuír a carga entrante, agravou os problemas loxísticos.

UNICEF fixo un chamamento por valor de 50 millóns de dólares (45,6 millóns de euros) para dar apoio á súa resposta humanitaria ante o terremoto en Nepal durante os próximos 90 días.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, +97715523200 ext 1179 Móvil: +9779851054140, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +1917 340 2582, [email protected]

Kent Page, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +19173021735, [email protected]

Chris Tidey, UNICEF, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]