Somalia: redúcense as zonas de fame pero decenas de miles de nenos seguen en perigo

A masiva resposta humanitaria á fame en Somalia salvou moitas vidas, segundo un novo estudo.

UNICEF acolle con satisfacción a noticia de que se reduciu o número de zonas de fame no sur de Somalia, segundo revela o último estudo da Unidade de Análise de Nutrición e Seguridade Alimentaria de Somalia (FSNAU, polas súas siglas en inglés).

"Grazas ao forte apoio de doadores de todo o mundo dende que se declarou a fame en xullo, salvouse a vida de miles de nenos", afirmou o Representante de UNICEF Somalia, Sikander Khan. Segundo as últimas conclusións da FSNAU, o estado de fame continúa nas zonas de Medio Shabelle, e nas áreas de desprazados de Afgoye e Mogadiscio, pero nas zonas de Bay, Bakool eBajo Shabelle pasouse de fame a niveis de emerxencia, unha categoría inferior. Non obstante, aínda que a desnutrición global aguda e a taxa de mortalidade descenderon en moitas áreas, os índices de desnutrición continúan estando por enriba dos niveis de fame en gran parte do sur de Somalia. As taxas de mortalidade infantil tamén se manteñen por enriba dos niveis de crise en varias zonas. Por outra parte, é probable que os brotes a grande escala de enfermidades alcancen o seu punto álxido durante a actual tempada de chuvias e inmediatamente despois. Así mesmo, a proximidade da tempada de maior escaseza de alimentos entre marzo e xullo deixa os nenos durante meses nunha situación de extrema vulnerabilidade ante a morte e as enfermidades.
 
En total, catro millóns de persoas continúan necesitando axuda para sobrevivir. "Que ninguén se equivoque sobre a actual situación. A vida dos nenos segue en perigo inminente. A combinación de desnutrición, enfermidades mortais e a escalada do conflito representa aínda unha cuestión de vida ou morte para decenas de miles de nenos, sen tregua para eles, durante a maior parte de 2012," agregouKhan. O xeneroso apoio dos doadores permitiu a UNICEF prestar axuda de emerxencia a escala masiva aos nenos máis vulnerables e as súas familias. Ata a data, en torno a un millón de persoas beneficiáronse de asistencia nutricional, incluíndo 135.000 nenos con desnutrición severa, 1,2 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo, 1,4 millóns de persoas teñen acceso a instalacións sanitarias, e 1,8 millóns a auga potable. Ademais, cos seus recursos actuais e o apoio de 120 aliados en Somalia, UNICEF continúa traballando para ampliar o seu programa de emerxencia e apoiar os nenos máis necesitados durante os próximos días e semanas.
 
Para manter e ampliar aínda máis a súa resposta, UNICEF necesita de xeito urxente 62 millóns de dólares (45,67 millóns de euros) ata finais de novembro para atender todas as necesidades identificadas para 2011, e para continuar coa súa liña de traballo en nutrición e saúde ata principios de 2012. Co obxecto de garantir a posibilidade de erradicar a fame nas tres zonas onde aínda existe e minimizar o risco de que as zonas en niveis de emerxencia sufran fame,UNICEF necesita 300 millóns de dólares (case 221 millóns de euros) para ofrecer unha resposta multisectorial en 2012. "Facemos un chamamento á xenerosidade de todos os nosos doadores e amigos para brindar o apoio sostido que os nenos de Somalia necesitan para lograr saír desta crise. Debemos manter o rumbo, seguir facendo todo o que estea na nosa man para garantir aos nenos de Somalia o seu dereito a sobrevivir e evitar que a fame volva suceder ", sinalou Khan.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55