Shakira e Gerard Piqué celebran un "baby shower mundial" para apoiar o labor de UNICEF en favor dos nenos

Presentación simultánea dunha versión que se pode compartir para que todos, en todas as partes, poidan celebrar o seu propio "baby shower" mundial para axudar aos nenos de todo o mundo

A cantante e Embaixadora de UNICEF Shakira e o futbolista do FC Barcelona Gerard Piqué celebrarán a inminente chegada do seu segundo fillo organizando unha nova versión do concepto orixinal de "baby shower mundial", co obxectivo de beneficiar a UNICEF e aos nenos vulnerables de todo o mundo.

Tras o éxito do "baby shower" de UNICEF para o seu primeiro fillo,MilanShakira e Gerard decidiron crear un "shower" compartido, dispoñible para todas as mulleres embarazadas, coa esperanza de que estes "baby showers" teñan un obxectivo máis profundo e axuden aos bebés e ás nais que máis o necesitan.

"Agora que estamos a esperar a chegada o noso segundo fillo queremos axudar a outros nenos e nenas do mundo e contribuír tamén a unha solución permanente para ofrecer aos nenos que viven na pobreza extrema a axuda que necesitan para sobrevivir", dixo Shakira.

"Tamén queremos que outros pais e nais sintan o chamado para facer o mesmo", engadiu Shakira. "Coa explosión das redes sociais, as celebridades non son as únicas que teñen plataformas que poden chegar un público masivo, e desexamos que este movemento se converta nunha tendencia despois de que rematase noso 'baby shower', así que queremos invitalos a que organicen tamén os seus propios 'baby showers' con UNICEF".

A parella invitará aos seus seguidores a participar no evento visitando un sitio web con regalos que beneficiarán directamente o labor de UNICEF en favor da infancia nalgúns
dos lugares máis pobres e remotos da terra.

Nunha mensaxe exclusiva na súa páxina de FacebookShakira revelou a inspiración que está detrás da creación dunha plataforma para que todas as nais embarazadas poidan contribuír a salvar e mellorar as vidas dos nenos en todo o mundo.

"Toda muller que está embarazada ten o poder de usar a celebración do nacemento do seu fillo para salvar as vidas doutros nenos que viven en condicións de vulnerabilidade extrema. Se cada nai embarazada que vai celebrar un "baby shower" decide incluír na súa lista de regalos algúns destes 'regalos' de UNICEF, poderiamos entre todos salvar a vida de centosde miles de nenos en todo o mundo".

No sitio, os seguidores poden utilizar a nova opción de chamamento á acción de Facebook facendo clic en "Doar", co fin de obter máis información e comprar un regalo para o "baby shower".

Entre os 10 regalos que os seguidores poden comprar como parte do "baby shower mundial" hai conxuntos de obstetricia con equipos médicos para realizar o parto sen risco de 50 bebés, vacinas contra o sarampelo e a polio, e mantas e básculas para bebés. Outros regalos inclúen un balón de fútbol -que serve como recoñecemento do poder do deporte para impulsar unha infancia feliz e saudable- e un libro de contos para promover o amor pola lectura e a aprendizaxe.

Por medio do perfil de Shakira en 
Twitter, os seguidores poderán adquirir tamén unha tarxeta de agradecemento especial de ShakiraGerard. Cada tarxeta liberará fondos que se destinarán á adquisición de vacinas vitais contra o sarampelo.

Shakira e Gerard tamén están a pedir outros pais e nais que esperan un fillo a que celebren os seus propios "baby showers" virtuais e fagan participar as súas propias familias, amigos e seguidores no apoio ao labor de UNICEF en favor dos nenos. Simplemente visita https://www.unicef.es/shakira.

Os "baby showers", nos que os convidados ofrecen regalos á nai, son moi populares en moitos países como unha forma de celebrar o nacemento pendente ou recente dun neno. Este é o segundo "baby shower mundial" virtual desta parella de famosos para apoiar a misión de UNICEF en favor dos nenos. O primeiro "shower" celebrouse do 16 xaneiro ao 15 febreiro de 2013, con motivo do nacemento do seu fillo, Milan. Como resultado, máis de 80.000 nenos foron vacinados contra a poliomielite; case 4 toneladas de alimentos terapéuticos serviron de axuda aos nenos que sofren de desnutrición; e distribuíronse ao redor de 1.000 mosquiteiros contra o paludismo e case 200.000 sobres de sales de rehidratación oral.

Os regalos do "baby shower" mundial teñen o potencial de salvar a vida de moitas nais ou nenos. A pesar dos grandes avances logrados na redución da taxa de mortalidade infantil, 6,3 millóns de nenos menores de cinco anos seguen morrendo anualmente por causas en boa medida previbles. Entre eles encóntranse 2,9 millóns de recén nacidos que morren no primeiro mes de vida. E todos os días, millóns de nais dan a luz sen equipos, medicamentos ou servizos de apoio axeitados.
 

Os regalos de UNICEF forman parte dun programa innovador que ofrece ao público a oportunidade de comprar artigos reais para salvar vidas, e envíanse directamente dende o almacén de UNICEF en Copenhaguen, ou dun dos moitos provedores de UNICEF, a un dos máis de 150 países ou territorios onde UNICEF realiza o seu labor.###

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Para máis información e solicitar fotos:

Marissa Buckanoff, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7513, móvil +1 917 345-6425, [email protected] Rita Ann Wallace, UNICEF Nova York, Tel +1 212 326-7586, móvil +1 917 213-4034, [email protected]

Amanda Silverman, 42 West, [email protected]

Dvora Englefield, 42 West [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]