A seis meses dos enfrontamentos na capital, a violencia contra os nenos en República Centroafricana non cesa

A crise en República Centroafricana é a emerxencia rexional na que UNICEF recibiu menos fondos

A seis meses dos intensos combates na capital de República Centroafricana, Bangui, moitos nenos foron asasinados, centos foron mutilados e miles foron desprazados.

"A violencia en República Centroafricana é desgarradora na súa brutalidade e a súa saña, e os nenos non se viron libres dela", dixo o Representante de UNICEFen República Centroafricana, Souleymane Diabaté. "Como media, polo menos un neno foi mutilado ou asasinado en enfrontamentos cada día nos últimos seis meses. O ciclo da brutalidade e as represalias debe deterse".UNICEF verificou que 277 nenos foron mutilados e 74 asasinados nos últimos seis meses. As cifras reais son moito máis elevadas, incluíndo as mortes e enfermidades causadas polo colapso total dos servizos básicos. Debido á incesante violencia e á inseguridade nalgunhas partes do país,UNICEF non pode verificar todos os casos de violacións contra os nenos. O empeoramento da situación en todo o país, incluída a capital, está a obrigar a cada vez máis persoas a abandonar os seus fogares. Na actualidade hai máis de medio millón de desprazados internos, a metade dos cales son nenos. Outras 347.000 persoas - dous terzos deles nenos - fuxiron do país e agora viven como refuxiados na súa maioría en Camerún, pero tamén en Chad, República Democrática do Congo e República do Congo.UNICEF traballa en estreita colaboración cos seus aliados para protexer os nenos contra a violencia, proporcionar espazos seguros para a aprendizaxe e dar apoio psicolóxico aos nenos máis afectados. Os nenos separados das súas familias están a ser rexistrados para a súa reunificación o antes posible. Estanse a levar a cabo negociacións cos grupos armados que recrutaron nenos para asegurar a súa liberación inmediata e reintegralos nas súas comunidades cando sexa posible.UNICEF tamén está a axudar aos nenos e ás familias desprazadas que necesitan provisión de auga potable, saneamento axeitado e outros elementos esenciais como lonas para refuxios, esteiras de plástico e bidóns.

A falta de fondos segue sendo unha preocupación fundamental. A crise en República Centroafricana e os países veciños é a emerxencia rexional a grande escala na que UNICEF recibiu menos fondos. As necesidades globais aumentaron recentemente a 120 millóns de dólares (máis de 88 millóns de euros) para o ano 2014. A metade de ano, menos do 25 por cento. "Estamos comprometidos a quedar ata o final e facer todo o que poidamos polos nenos de RepúblicaCentroafricana", dixo Diabaté. "A comunidade internacional ten que facer a súa parte tamén. "

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]