A seca máis grave en máis de 50 anos ameaza aos nenos en Sirya e a rexión

Varias zonas de Sirya están a sufrir os niveis de chuvia máis baixos en máis de medio século, deixando nunha situación aínda de maior risco a máis de 4 millóns de nenos neste país devastado pola guerra, advertiu hoxe UNICEF. A axencia de Nacións Unidas afirmou que só dispón dun 20% dos fondos que necesita en 2014 para mitigar o empeoramento desta crise de auga e saneamento na rexión.

A escaseza de auga en Sirya é xa tan desesperada que moi pronto podería provocar que máis civís abandonen os seus fogares, sumándose aos 6,5 millóns de persoas desprazadas polo conflito. En Líbano e Xordania, pola súa banda, as tensións entre as comunidades locais e os refuxiados sirios acentúanse pola competencia por uns recursos limitados, incluíndo a diminución da subministración de auga. A actual seca, xunto aos máis de tres anos dun conflito que deixou en ruínas gran parte da infraestrutura de auga de Sirya, está a afectar gravemente á dispoñibilidade de auga. Para chamar a atención sobre a magnitude deste problema, UNICEF emitiu hoxe unha alerta especial sobre a situación en materia de auga, hixiene e saneamento: Seca: A crecente crise da auga que enfronta Sirya e a rexión. "A escaseza de auga potable, sumada ao impacto dun conflito que non cesa e á intensa calor do verán, aumenta o risco real de que haxa máis desprazamentos de poboación e de propagación de enfermidades entre os nenos vulnerables", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África.Calivis engadiu que os plans deUNICEF e os seus aliados para garantir o uso máis eficaz dos recursos hídricos na rexión se ven ameazados pola falta de fondos. "Contamos cos nosos xenerosos doadores para avanzar. Pola contra verémonos obrigados a deter ou reducir algunhas das nosas operacións. Isto deixará aos nenos nun alto risco de contraer enfermidades transmitidas pola auga, e outras infeccións contaxiosas", dixo Calivis.

Más información:

Para máis información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]