Save the Children, UNICEF e UNESCO:o ano escolar, golpeado pola continuación das hostilidades en Gaza
Preto de medio millón de nenos en Gaza non poden regresar ás escolas de primaria e secundaria no inicio do novo curso, segundo advertiron hoxe Save the Children, UNICEF e UNESCO.
Neste 24 de agosto, máis dun millón
de estudantes palestinos terían que volver á clase, pero as aulas
permanecen pechadas na zona costeira afectada o conflito, negando o
seu dereito á educación a case medio millón de nenos.
"Este é o momento no que os nenos deberían estar na escola para
estudar, non probando un conflito armado e sobrevivindo a el",
dixeron David e Paulette Hassell, codirectores de Save the Children
no país, que xunto con UNICEF lidera o cluster (grupo especializado
de traballo) de Educación que coordina a acción humanitaria no
sector.
"Este foi un verán perigoso para os nenos palestinos en Gaza, que
nin sequera podían saír a xogar. A escola é esencial na vida destes
nenos traumatizados, xa que xoga un papel crave na súa curación",
engadiron os Hassell.
Dende o inicio do conflito o pasado 8 de xullo, polo menos 219
escolas resultaron danadas, 22 delas tan gravemente que non poderán
ser utilizadas nunca máis.
Entre as que aínda permanecen en pé, 103 convertéronse en refuxios
colectivos para unhas 330.000 persoas desprazadas, das que a metade
son nenos.
O sector de Educación xa estaba en situación de crise antes desta
escalada de violencia, cun déficit de case 200 escolas e preto do
80% das aulas dobrando quendas para ocuparse do gran número de
alumnos.
O bloqueo de Gaza impediu abordar a necesidade desesperada de
construción de novas escolas, e prexudicará os esforzos de
reconstrución se non se adoptan medidas urxentes.
"A educación é o alicerce de toda sociedade. Investir en educación
é investir en paz e estabilidade. Para iso, a comunidade
humanitaria necesita ter a capacidade de traer rapidamente os
materiais e o equipamento necesarios para a reparación,
reconstrución e construción de escolas en Gaza a gran escala",
sinalou June Kunugi, representante especial de UNICEF no Estado de
Palestina.
Segundo as estimacións actuais, o período escolar non se
renovará ata que non pasasen dous ou tres semanas dun cesamento do
fogo duradeiro. As escolas que se están utilizando como refuxio
necesitarán distintos graos de rehabilitación para estar preparadas
para unha escolarización normal. Tamén hai que facer reparacións
iniciais en escolas danadas pola guerra, e retirar munición sen
explotar para restaurar a seguridade.
Ademais, é preciso atopar unha solución para as 330.000 persoas que
se viron forzadas a refuxiarse en escolas -70.000 das cales non
teñen onde ir desde que as súas casas foron destruídas- e apoiar no
longo prazo unha ampla rehabilitación e remodelación de edificios
escolares que foron danados.
"Regresar á escola supón devolver a normalidade aos nenos. Para
iso, é necesario un cesamento do fogo duradeiro, e debemos abordar
as necesidades máis perentorias para unha rápida recuperación do
sistema de ensino", indicou Lodovico Folin Calabi, xefe interino da
oficina de UNESCO en Ramallah.
Os estudantes deben ter unha oportunidade para recuperarse do
trauma de perder a seres queridos e da presión dos ataques diarios
e o desprazamento. Con preto da metade dos nenos de Gaza sufrindo
tensión emocional, o apoio psicosocial terá que ser incluído no
currículo escolar para prestar apoio nunha loita costa arriba para
curar as cicatrices psicosociais dos nenos. Só será posible cando
os alumnos poidan renovar as súas clases e as súas vidas.