República Centroafricana: UNICEF e os seus aliados instalan aulas temporais para máis de 20.000 nenos desprazados

Máis de 20.000 nenos poderán empezar as clases en espazos temporais de aprendizaxe en Bangui, capital de República Centroafricana, despois de que a violencia lles forzase a fuxir das súas casas e as súas escolas fosen pechadas.

Debido a que todas as escolas da capital están pechadas dende principios de decembro de 2013, UNICEF e os seus aliados están a instalar espazos temporais de aprendizaxe nos asentamentos de desprazados deBangui. Máis de 40 están xa en funcionamento, e 160 profesores recibiron formación en desenvolvemento infantil temperán por parte de UNICEF, para dar clases a nenos de entre 3 e 5 anos. Nas comunidades de Bossangoa e áreas circundantes do noroeste do país, ás que chegan máis familias e onde as escolas están danadas, UNICEFinstalará máis aulas temporais. "Se os nenos desprazados non poden volver ás escolas, as aulas deberían volver a eles", dixo a representante adxunta deUNICEF en República Centroafricana,Judith Léveillée. "Esta é a idea que hai detrás dos espazos temporais de aprendizaxe. Tan pronto como a seguridade o permita, a volta segura e permanente dos alumnos e estudantes á escola será un paso fundamental no camiño cara á paz e a reconciliación", engade. As aulas temporais son unha solución a curto prazo, e UNICEF dará apoio ao Ministerio de Educación na reapertura das escolas formais en canto a situación de seguridade o permita.UNICEF está a proporcionar máis de 500 kits de educación e recreativos a 20 asentamentos de desprazados enBangui. Estes kits inclúen materiais educativos, libros, material de papelaría, equipacións deportivas e material de plástica. "Os nenos perderon moitos meses de escolarización dende que empezou a crise", di Léveillée. "É urxente que teñan acceso ao lugar onde poidan recuperar a seguridade. Volver ás clases dá aos nenos sensación de volta á normalidade, de estabilidade e esperanza no futuro,".

Ademais dos espazos temporais de aprendizaxe,UNICEF apoia os Espazos Amigos da Infancia, onde se proporciona aos nenos desprazados apoio psicosocial e se levan a cabo actividades recreativas. "Quero que os nenos da miña clase esquezan as cousas malas que viron. Quero asegurarme de que non recorren á violencia e á vinganza, senón á honestidade e a consideración aos demais", dixoAntoinette, unha das profesoras formadas por UNICEF. "Un país sen educación non ten futuro", engade. O dereito básico á educación está en risco en tempos de crise, pero as escolas non só proporcionan aos nenos un lugar seguro onde aprender, senón que tamén son unha parte importante do proceso de recuperación, segundo UNICEF. Preto da metade dos residentes de Bangui que fuxiron dos choques violentos continúan vivindo en improvisados campos de desprazados. O ano pasado, o 65% das 176 escolas inspeccionadas no país foran saqueadas, segundo os datos de UNICEF.UNICEF está a traballar con 11 ONG aliadas para establecer os espazos temporais de aprendizaxe. O chamamento realizado por UNICEF para levar a cabo as súas operacións de emerxencia en República Centroafricana durante este ano é de 62 millóns de dólares (45,90 millóns de euros), dos que actualmente faltan 59 millóns de dólares (43,68 millóns de euros).

Nota á redacción

UNICEF está a traballar con SOS, CORDAID, COHEB, o Servizo Xesuíta a Refuxiados,JUPEDEC, ECAC, BSF,ESF, REMOD e AIDE para axudar a establecer os espazos temporais de aprendizaxe. Con máis de 150 persoas no terreo, UNICEF aumentou considerable e rapidamente a súa presenza e o número de operacións humanitarias en República Centroafricana nas últimas semanas, para poder dar unha resposta axeitada á crecente gravidade desta crise.UNICEF está a fortalecer a súa presenza reforzando o persoal nas oficinas de Bossangoa, Bambari eKaga Bandoro, así como coordinando as estratexias de alcance no oeste e centro do país.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]