RELEVO NA PRESIDENCIA DE UNICEF ESPAÑA

UNICEF España anuncia o relevo da súa presidenta, Consuelo Crespo, ao cumprirse os dous mandatos que marcan os Estatutos da organización. O Padroado da organización elixe ao diplomático Carmelo Angulo como novo presidente.

Consuelo Crespo, voluntaria dende hai 20 anos en UNICEF Comité Español, os últimos oito como presidenta, cesa no seu cargo tras un período no que se produciu unha transformación relevante de todas as áreas da organización co obxectivo de profesionalizala e abordar os cambiantes retos da infancia e da cooperación para o desenvolvemento.

Nestes oito anos reforzáronse as accións para promover en España a defensa dos dereitos dos nenos, incidindo no desenvolvemento de lexislacións e prácticas que garantan a súa máxima protección. Durante o mandato de Consuelo Crespo creceu a presenza social deUNICEF en España e logrouse un maior compromiso e apoio dende todos os ámbitos da nosa sociedade para avanzar no cumprimento dos dereitos da infancia. Multiplicáronse as alianzas co sector privado e intensificouse o traballo cos socios, que pasaron de 167.000 en 2005 a 282.000 en xaneiro de 2014. Grazas a este grande apoio, nestes oito anos UNICEF Comité Español achegou 279 millóns de euros aos programas de saúde, educación e protección dos nenos que viven en situación de exclusión e extrema pobreza no mundo, así como a emerxencias ocasionadas por catástrofes naturais, fames ou conflitos armados que sucederon nestes últimos anos, como o terremoto de Haití, a fame no Corno de África ou as emerxencias máis recentes de Sirya e Filipinas. Xunto a Consuelo Crespo, en cumprimento dos Estatutos deUNICEF Comité Español, finalizan tamén o seu mandato o vicepresidente, Juan Ignacio de la Mata; o secretario, Enrique Piñel; o tesoureiro, José Luis Herrero; e os vogais, María Luisa Cancela e Ángel Escudero. Todos eles se sumaron ás palabras de Consuelo Crespo, quen na súa despedida sinalou que "nunca deixarei de traballar para que se coñezan as causas e as consecuencias da pobreza e así, sumar forzas para que as carencias se convertan en oportunidades. Pero nesta etapa que hoxe se pecha non quero deixar de recordar a cada socio e a cada doador deUNICEF que está a contribuír a un traballo que salva vidas, que ataca as causas da pobreza e que impulsa o desenvolvemento a través do investimento na infancia intentando conseguir un mundo mellor para todos".

O diplomático Carmelo Angulo, novo presidente de UNICEF España 

En substitución de Consuelo Crespo, o Padroado deUNICEF Comité Español elixiu, tras o correspondente proceso electoral, a Carmelo Angulo como novo presidente. Carmelo Angulo sinalou tras a súa elección que recibimos do equipo saínte un legado ordenado e en crecemento, polo que se impón unha tarefa de continuidade e adaptación aos novos retos da infancia que, aínda no século XXI, segue enfrontándose a conflitos e privacións que violan os seus dereitos e a unha pobreza extrema que provoca traxedias diarias en millóns de familias". Potenciar a captación de novos socios, reforzar ao máximo a difusión de mensaxes de alto contido e impacto acordes co mandato deUNICEF e o momento que vive a infancia en España e a nivel global, e manter o acento na eficacia e a transparencia son algunhas das claves da nova Presidencia de cara aos próximos catro anos. Licenciado en Dereito e Relacións Internacionais, Carmelo Angulo está vinculado dende hai máis de trinta anos á diplomacia (foi embaixador de España en Bolivia, Colombia, Arxentina e México), o ensino universitario, o traballo solidario e a cooperación internacional para o desenvolvemento. Tivo dende os anos 90 unha forte vinculación co Sistema das Nacións Unidas, a quen representou durante oito anos en Nicaragua e Arxentina. Desenvolveu así mesmo fortes lazos con UNICEF, nacidos do traballo conxunto sobre o terreo cos seus representantes e os seus programas. É patrón deUNICEF Comité Español dende 2013, director do Instituto para a Cooperación e o Desenvolvemento Humano da Universidade Camilo José Cela e coordina o Plan Nacional de Empresas e Dereitos Humanos na Oficina de Dereitos Humanos do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Xunto a el, formarán parte do novo equipo de goberno deUNICEF Comité Español: Juan José Almagro, vicepresidente 1º; Carina Szpilka, vicepresidente 2º; Mercedes Temboury, tesoureira; Juan Ignacio Zabía, secretario xeral; e María Antonia Caimari, Francisco Javier Gonzalo e Manuel Sández, vocais.

Máis información sobre o relevo na Presidencia de UNICEF España:

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/relevo-en-la-presidencia-de-unicef-comite-espanol

http://www.unicef.es/conoce/organizacion-interna/patronatos

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]