Redúcese a mortalidade materno infantil aínda que os tres próximos anos son decisivos para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio

Dende 1990, a mortalidade materna reduciuse case á metade e a mortalidade infantil reduciuse de 12 millóns a 7,6 millóns en 2010.

Algúns dos países máis pobres do mundo lograron avances significativos na redución da mortalidade infantil. As taxas de mortalidade infantil en moitos países africanos estiveron a caer dúas veces máis rápido nos últimos anos que durante a década de 1990. En Botsuana, Exipto, Liberia, Madagascar, Malawi, Ruanda e a República Unida de Tanzania, a taxa media de redución da mortalidade foi dun 5 por cento ao ano entre 2000 e 2010.  

Un progreso similar viuse na redución da mortalidade materna, aínda que nun menor número de países en desenvolvemento. Guinea Ecuatorial, Nepal e Vietnam reduciron a mortalidade materna nun 75 por cento cada un nunha década. Pero non todas as noticias son boas. Cada dous minutos, nalgún lugar do mundo, unha muller morre por complicacións do embarazo e as posibilidades de que sobreviva o seu bebé acabado de nacer son moi escasas. Por cada muller que morre, outras 20 ou 30 sofren complicacións importantes e ás veces para toda a vida, como resultado do seu embarazo. Nestes mesmos dous minutos preto de 30 nenos morren dunha enfermidade que se podía ter prevido ou tratádose con eficacia. Pero en moitos países, especialmente en África e Asia meridional, non se están a producir progresos. Dos 75 países con maior taxa de mortalidade materna e infantil, 25 fixeron un progreso insuficiente ou ningún progreso na redución das mortes maternas e 13 non progresaron na redución do número de nenos que morren.  

 "Os esforzos que se realizan a nivel mundial para salvar as vidas das mulleres, recén nacidos e nenos pequenos non se están a producir o suficientemente rápido", dixo Mickey Chopra, Responsable de saúde do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) e Co-Presidente da Iniciativa Conta Atrás para 2015. "Algúns países estannos a mostrar os seus éxitos, pero moitos outros aínda teñen que aprender as leccións destes éxitos. " O progreso producido na saúde materno infantil nos 75 países con maior taxa de mortalidade, principalmente na África subsahariana e Asia meridional onde se producen máis do 95 por cento de todas mortes de nais e fillos, vén recollido no informe Construíndo un futuro para Mulleres e Nenos, publicado pola iniciativa Conta Atrás2015 www.countdown2015mnch.org

 O informe foi elaborado grazas á colaboración de académicos e profesionais da Universidade Johns Hopkins, a Universidade Aga Khan, da Universidade de Pelotas, en Brasil, a Universidade de Harvard, a Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres, UNICEF, a Organización Mundial da Saúde, Family Care International, e Savethe Children. A secretaría da iniciativa Conta atrás para 2015 está liderada pola Alianza para a Saúde Materna, do Recén Nacido e o Neno. "O informe Conta Atrás mostra o quen, que, onde - e o máis importante o por que - da supervivencia materno infantil", dixo Zulfiqar Bhutta, Médico especialista da Universidade Aga Khan de Paquistán e Co-Presidente de ContaAtrás. "Trátase dun informe claro e consistente que os países, organizacións e doadores poden utilizar para lograr un progreso real medible" O informe avalía o progreso que se está a producir nos 75 países máis vulnerables para alcanzar os Obxectivos do Milenio (ODM) 4 e 5. Avances como reducir a mortalidade materna en tres cuartas partes e a mortalidade infantil de menores de 5 anos en dúas terceiras partes, ambas as dúas en 2015, respecto aos niveis do ano 1990. "É unha carreira contra o reloxo", dixo o doutor Bhutta. "O ritmo mellorou, pero os países teñen que dar un cambio real nos próximos tres anos se queremos manter a promesa feita a millóns de recén nacidos, nenos e mulleres". Os primeiros datos do informe Conta Atrás foron publicados en 2005 para seguir o progreso nos países máis afectados, identificar brechas de coñecemento e promover a responsabilidade a nivel nacional e local para mellorar a supervivencia materna e infantil.

Dende entón, a atención global e os recursos centráronse nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 4 e 5. Para lograr os ODM, o lanzamento do informe Conta Atrás coincide cun foro de dous días, que terá lugar o 14 e 15 de xuño en Washington, para trazar a estratexia de erradicación das mortes de nenos por causasprevenibles. Os gobernos de Estados Unidos, India e Etiopía, en colaboración con UNICEF, reuniranse nesta Chamada á Acción pola Supervivencia Infantil, á que acudirá a Secretaria de Estado de Estados Unidos, Hillary Clinton. No mes de xullo, o goberno de Reino Unido e a FundaciónBill e Melinda Gates manterán un cumio para incidir na necesidade de prestar unha maior atención á planificación familiar. En setembro, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, difundirá unha actualización do impacto da campaña Cada Muller Cada Neno.  

Para descargar videos:

http://www.hoffmanpr.com/world/PMNCH/CountDown2015/B-roll/

Para ver o informe completo:http://www.hoffmanpr.com/world/PMNCH/CountDown2015/

Más información:

Marshall Hoffman, H&H, +1 703 533-3535, +1 703 801-8602; [email protected]

Juliet Heller, H&H London, +44 7946 616150; [email protected]

Reuben Kyama, H&H Nairobi +254 722 739 765; [email protected]

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España +34 91 378 8591; [email protected]