Protexer os nenos é a prioridade de UNICEF ante a chegada do tifón Hagupit a Filipinas

Tan só trece meses despois, as comunidades costeiras devastadas polo supertifón Haiyan/Yolanda enfróntanse a outro supertifón. Hagupit (nome local Ruby) xa está a gañar forza para golpear Filipinas nos próximos días.

UNICEF Filipinas activou unha completa preparación para axudar aos nenos e as súas familias mentres o supertifón Hagupit se move en dirección noroeste cara á parte norte de Visayas Oriental. (NDRRMC 05 a.m 05 de decembro 2014).

A Oficina de UNICEF en Tacloban, que se estableceu tras o tifón Haiyan, destinou toda a súa forza de traballo, 75 persoas, ao traballo co goberno e os aliados locais na preparación.

Xa están preposicionadas subministracións esenciais listos para ser despregadas dende o almacén en Copenhaguen e almacéns locais en Manila, Leyte e Cotabato. Estas subministracións de emerxencia inclúen kits de auga, kits de hixiene, unidades de purificación de auga, tendas de campaña escolares, materiais para estudantes e profesores, tendas para formar espazos amigables para os nenos, subministracións médicas, alimento terapéutico para combater a desnutrición, sales de rehidratación oral, lonas e xeradores abondo para polo menos 10.000 familias.

"UNICEF está a traballar co goberno e os aliados nacionais e locais para protexer os nenos e as familias e asegurarse de que están preparados e apoiados. Estamos a facer seguimento de preto á situación e os equipos están no seu lugar na cidade de Tacloban listos para responder a esta nova situación de emerxencia", dixo Lotta Sylwander, Representante de UNICEF en Filipinas.

"É desafortunado que algunhas das comunidades que se recuperan do desastre masivo do ano pasado se enfronten de novo con outro súpertifónUNICEF continua
rá ao lado dos nenos e as comunidades para axudarlles a atravesar esta inminente calamidade".

En tempos de desastres, os nenos corren o risco de brotes de enfermidades, desnutrición, violencia e de interromper a súa educación. Durante os últimos meses UNICEF e os seus aliados estiveron a traballar en estreita colaboración coas unidades de goberno local para construír a súa capacidade de resistencia e resposta ás emerxencias a través do fortalecemento de sistemas de redución do risco de desastres. A través das asociacións existentes con ONG internacionais e organizacións no, UNICEF está listo para complementar as actividades de preparación do goberno e brindar apoio nas áreas de auga e saneamento, saúde e nutrición, protección da infancia e educación.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]