Programa de UNICEF e o PMA para protexer do frío os nenos sirios nos campos de Za'atari e Azraq

Mentres Xordania se prepara para unha tormenta de inverno nos próximos días, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), en alianza co Programa Mundial de Alimentos (PMA), lanzou hoxe un programa polo que se proporcionarán 14 dinares xordanos a cada un de 41.000 nenos refuxiados sirios menores de 14 anos nos campos de Za'atari e Azraq. Isto permitirá que as súas familias poidan adquirir roupa de abrigo.

Esta axuda en efectivo de pagamento único por parte dUNICEF, chegará a nenos de case 13.000 familias vulnerables nos dous campos de refuxiados a través do xa existente sistema do PMA de bonos electrónicos de comida (e-card).

Esta achega de UNICEF poderá utilizarse para comprar, ata o 31 de xaneiro, roupa de inverno, como botas, luvas, pantalóns, abrigos e bufandas, en establecementos aliados do PMA nos campos.

As familias refuxiadas nos campos están a ser informadas a través de SMS, carteis, trípticos e sesións de sensibilización cos líderes comunitarios sobre a importancia de gastar os 14 dinares en roupa de inverno para os seus fillos.

"É fundamental que aseguremos que os nenos están protexidos fronte ás duras condicións climatolóxicas para que, deste modo, permanezan sans e activos e poidan seguir asistindo á escola", dixo Robert Jenkins, representante de UNICEF en Xordania. "UNICEF, en alianza co PMA, está a apoiar o programa de inverno mediante axuda en efectivo, para que as familias poidan elixir e comprar as roupas de inverno necesarias para os seus fillos", engadiu.

"Cando lanzamos o sistema de bonos electrónicos do PMA, a idea era que outras axencias de axuda humanitaria puidesen utilizar esta plataforma para proporcionar asistencia aos refuxiados sirios", dixo Dorte Jessen, coordinador adxunto de emerxencias do PMA en Xordania. Estamos emocionados con que UNICEF sexa a primeira axencia en chegar aos refuxiados sirios co seu programa de inverno a través das e-cards do PMA de uso en establecementos aliados nos campos, cubrindo así as necesidades urxentes para proporcionar roupa de inverno na época máis fría do ano,".

O programa de inverno de UNICEF en Xordania está a chegar a máis de 102.000 nenos vulnerables nesta época do ano en alianza con ACNURPMA e ONG asociadas. O progr
ama de axuda en efectivo e o apoio fronte á tempada de inverno foi posible a través da xenerosa colaboración dos gobernos de Alemaña, Canadá, e Estados Unidos a través do departamento de Estado de Poboación, Refuxiados e Migración.

Más información:

UNICEF

Miraj Pradhan: Tel: +962 (0) 790 214 191 [email protected]

Samir Badran: Tel: +962 (0) 796 926 180 [email protected]

Belén de Vicente: Tel: +34 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]

 

PMA:

Shada Moghraby: Tel: +962 797 280 924  [email protected]

Joelle Eid: Tel: +962 797 279 403 [email protected]

Lucía Fernández: Tel: +34 672 068 169 [email protected]