Pau Gasol: "Non podemos quedar de brazos cruzados ante a situación do Corno de África"

O xogador da Selección de Baloncesto e Embaixador de UNICEF, dedica a súa iniciativa 'O proxecto de Pau' a conseguir máis apoios para a crise humanitaria por fame.

Pau Gasol, Embaixador de UNICEF España dende 2003, pon hoxe en marcha unha acción para contribuír ao traballo de UNICEF nesta crise humanitaria. "Non podemos quedar de brazos cruzados ante a situación do Corno de África. Miles de nenos morreron e a vida de centos de miles está en perigo", dixo Pau Gasol.

Para contribuír ao traballo de UNICEF para salvar vidas no Corno de África, o Embaixador de UNICEF España decidiu orientar a súa iniciativaEl Proyecto de Pau a conseguir máis apoios na loita contra a fame. Gasolfará unha doazón por cada punto que anote no último partido de preparación ao Eurobasket, que terá lugar o próximo venres, e invitará outras persoas a unirse contra a fame a través do envío da palabra SOS ao 28028 ou a través dewww.unicef.esEn xullo de 2010, Pau Gasol coñeceu directamente no sur de Etiopía a situación dos nenos con problemas de nutrición e o traballo que UNICEFrealiza, xunto con organismos públicos, comunidades e ONG, para previr a desnutrición e para prestar o axeitado tratamento aos nenos que a sofren. Ao seu regreso daquela viaxe, o xogador daNBA indicou que a experiencia "foi para min unha confirmación máis de que miles e miles de nenos viven nunha situación moi precaria, e que lles fai falta a nosa axuda directa para a súa supervivencia". A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre todo aos nenos: 600.000 sofren desnutrición con risco inminente para as súas vidas. UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas nos campos de desprazados, nas comunidades, rexións limítrofes e no Sur de Somalia. Máis de dous millóns de nenos sofren desnutrición e necesitan con urxencia accións vitais para sobrevivir. A emerxencia afecta a catro países do Corno de África: Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti. É a crise humanitaria máis grave do mundo actual e a peor crise de seguridade alimentaria en África dende a fame de Somalia en 1991-1992.

A crise ten a súa orixe na coincidencia da peor seca da rexión nos últimos 50 anos, o incremento dos prezos dos alimentos, os efectos do longo conflito armado en Somalia e un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya e Etiopía. A falta de auga e alimentos son as necesidades máis urxentes, ás que se engade a vulnerabilidade dos nenos con desnutrición a enfermidades mortais como o sarampelo, a malaria, a diarrea ou a pneumonía.UNICEF desenvolve accións masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue curar a desnutrición. Á parte da distribución de subministracións vitais, UNICEF brinda apoio a centros de estabilización nutricional, realiza campañas de vacinación, facilita o acceso á auga potable e establece espazos de protección para os nenos.

‘O Proxecto de Pau’

A iniciativa O proxecto de Pau púxose en marcha con dous obxectivos: conseguir que cada vez máis nenos poidan ir á escola e loitar contra a desnutrición en África. Grazas ás doazóns de Pau Gasol e doutros doadores, esta iniciativa xa conseguiu fondos para tres fins en Etiopía:

  • Construír e poñer en marcha sete escolas para uns mil nenos que viven en situación de pobreza ou en comunidades illadas e remotas.
  • Distribuír cadeiras especiais para 20 nenos con minusvalideces.
  • Fortalecer programas para a prevención e o tratamento da desnutrición.

Ante a grave situación que viven nestes momentos os nenos afectados pola crise humanitaria no Corno de África, Pau Gasol quixo que O Proxecto de Pau contribúa a salvar as vidas destes nenos.

COMO COLABORAR CON 'O PROXECTO DEPAU' CONTRA A FAME

Calquera persoa pode contribuír a O Proxecto de Pauenviando un SMS ao 28028 coa palabra SOS. Cada SMS supón unha axuda de 1,20 euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo do tratamento dun día para un neno con desnutrición. Tamén se pode colaborar entrando en www.unicef.es onde existen distintas formas de colaboración.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]