Os países de África occidental en risco por ébola seguen en alerta máxima
Ante os novos casos de ébola en Malí e o aumento continuo en Serra Leoa, UNICEF está a incrementar os seus esforzos para axudar a outros países en risco de África occidental fronte a potenciais brotes.
"Os novos casos en Malí recórdannos
que non existe ningún país na rexión que sexa inmune
ao ébola",
dixo Manuel
Fontaine,
director rexional de UNICEF para
África occidental e central. "Non podemos esperar que se dean novos
casos en países en risco para poñernos en acción. Debemos axudar as
comunidades a prepararse hoxe fronte a posibles casos, cando e onde
acontezan,".
Nos últimos meses, UNICEF traballou
con todos os países de África occidental e central para revisar a
súa planificación de prevención e preparación. Nos 13 países con
maior risco, os esforzos centráronse en disipar os rumores,
compartir información vital e proporcionar subministracións como
colchóns, xabón, xel desinfectante, lixivia, cubos termómetros
láser luvas kits contra a diarrea, xiringas, lonas e
tendas.
En Malí,
un centro de tratamento do ébola está
xa operativo na capital, Bamako,
mentres outras instalacións sanitarias, especialmente nas zonas
fronteirizas, foron dotadas de servizos adicionais de auga,
saneamento e hixiene. En Bamako,
equipáronse 77 estacións de autobús con material para o lavado de
mans.
En Costa de Marfil, que comparte fronteira con Guinea, Liberia
e Malí,
estanse a levar a cabo campañas de información masiva ao mesmo
tempo que traballadores sanitarios comunitarios están a ir porta a
porta promovendo comportamentos saudables. UNICEF está
a traballar con líderes comunitarios e relixiosos, e organiza
sesións informativas sobre boas prácticas hixiénicas en máis de
1.000 colexios nas rexións fronteirizas.
En Guinea-Bissau,
aproximadamente 10.000 traballadores sanitarios comunitarios,
profesores e líderes de opinión recibirán formación e información
relacionada co ébola.
En Benin, 50 emisoras de raio locais están a emitir mensaxes
educativas sobre o ébola nas
8 principais linguas e púxose en marcha unha campaña de
participación comunitaria a través dunha rede de máis de 2.000
promotores de saúde.
Para descargar fotos e vídeos de países afectados por ébola:
Usuario: refcom
Contrasinal: uce442087
Nota para a redacción:
Os 13 países en maior risco de contraer ébola son: Benín, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Costa de Marfil, Gambia, Ghana, Guinea-Bissau, Malí, Mauritania, Nixeria, Senegal e Togo. Foron identificados como tales nun encontro a nivel rexional en Accra, o pasado setembro, baseándose en varios criterios como o da proximidade xeográfica cos países afectados, así como as rutas de viaxe e comercio máis habituais nestes países.
Acerca de UNICEF
En UNICEF promovemos os dereitos e o benestar de todos os nenos, nenas e adolescentes en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas que beneficien a todos os nenos, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos máis vulnerables e excluídos, en todo o mundo.