Os nenos refuxiados e migrantes non acompañados necesitan protección urxente

UNICEF reitera o seu chamamento para a adopción de medidas urxentes de protección para os nenos migrantes e refuxiados non acompañados en Europa ? que están en grave risco de abuso, trata e explotación e cuxa cifra alcanzou unha marca de máis de 95.000, o ano pasado.

A Interpol calcula que 1 de cada 9 nenos refuxiados e migrantes non acompañados está en paradoiro descoñecido, pero crese que esta cifra podería ser moito máis alta. En Eslovenia, por exemplo, máis do 80% dos menores non acompañados desapareceu dos centros de acollida, mentres que en Suecia infórmase de até 10 nenos desaparecidos cada semana. A principios deste ano, en Alemaña rexistrouse a desaparición de 4.700 menores non acompañados. 

"Está a descoidarse aos menores non acompañados. Moitos simplemente escápanse dos centros de acollida para reunirse cos seus familiares, ou porque nin se lles explicaron os seus dereitos, nin se lles entrevistou co fin de determinar cal é o seu interese superior", sinala Marie Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxio e migración en Europa.
 
Esta petición coincide co inicio das negociacións dos Estados membro da Unión Europea para a creación dun sistema máis xusto e sustentable no ámbito das migracións e o asilo. UNICEF incide en que calquera decisión que afecte os nenos debe estar baseada no interese superior do neno, e insta a que este principio sexa reforzado no Regulamento de Dublín, que está a ser examinado estes días.
 
UNICEF, ademais, pon de relevo a importancia de axilizar os procesos na toma de decisións que afecten os nenos, sinalando que agora mesmo, os nenos teñen que esperar até 11 meses entre o rexistro e o traslado a un país que acepte estudar a súa solicitude. UNICEF recomenda que se reduza esta espera a non máis de 90 días, que se lles asigne inmediatamente un titor legal, e que se axilice o proceso de reunificación familiar. Todo isto é clave para protexer aos menores non acompañados e evitar que se perda o seu rastro.
 
As últimas cifras dispoñibles indican que 96.500 menores non acompañados solicitaron asilo en Europa en 2015 ? isto supón un 20% do total de todos os nenos que o solicitaron.
 
A maioría son homes adolescentes provenientes de Afganistán, seguidos por aqueles que proceden de Siria. Un gran número destes nenos son menores de 14 anos e viaxan sós, sen a protección de ningún familiar adulto ou titor.
 
Nalgúns países, os menores non acompañados constitúen máis da metade de todos os nenos que chegaron en 2015. En Suecia, os adolescentes non acompañados supoñen até o 50% do total de nenos refuxiados. A Italia chegaron 12.300 menores non acompañados e outros 4.000 coas súas familias.

Nota para editores: 

Fontes: Eurostat http://ec.europa.eu/eurostat/web/products-datasets/-/tps00194

http://ec.europa.eu/justice/fundamental-rights/files/rights_child/data_children_in_migration.pdf

http://frontex.europa.eu/trends-and-routes/migratory-routes-map/ 15 http://frontex.europa.eu/assets/Publications/Risk_Analysis/FRAN_Q4_2015.pdf 16 http://fra.europa.eu/en/theme/asylum-migration-borders/overviews 17 http://fra.europa.eu/en/theme/asylum-migration-borders/overviews/february-2016 10 not always considered as unaccompanied children.

Acerca de UNICEF

UNICEF promueve los derechos y el bienestar de todos los niños y niñas en todo lo que hacemos. Junto a nuestros aliados, trabajamos en 190 países y territorios para transformar este compromiso en acciones prácticas, centrando especialmente nuestros esfuerzos en llegar a los niños más vulnerables y excluidos para el beneficio de todos los niños, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es