Os nenos perden as súas casas, escolas e vidas como resultado da violencia en Nixeria
A crise humanitaria nos países veciños achégase debido ao efecto contaxio da violenciaOs nenos están a sufrir as terribles consecuencias do conflito en Nixeria, que está a facer que perdan as súas casas, impide que reciban educación e pon en risco as súas vidas.
"A situación intensificouse nas últimas semanas, converténdose
nunha crise humanitaria de moita maior escala",
dixo Manuel
Fontaine,
director rexional de UNICEF para
o oeste e o centro de África. "Temos que facer todo o que poidamos
para previr a propagación da violencia en Nixeria e outros países
da rexión".
Case un millón de persoas fuxiron das súas casas en Nixeria a causa
da violencia que afecta á zona norte do país, e máis de 135.000
buscaron refuxio en Camerún, Chad e Níxer.
Os recentes ataques en Baga deron
lugar a unha nova ondada de refuxiados nos países veciños,
contribuíndo a incrementar a crise humanitaria na rexión - a gran
maioría son mulleres e nenos.
En Chad, máis de 9.000 refuxiados nixerianos e retornados chadianos
chegaron ao país dende o inicio deste mes, elevando o número total
de refuxiados nixerianos alí ata os 10.000. Máis de 100 nenos
chegaron sen os seus pais ou alguén que os coide.
En Camerún, os nenos representan o 60 por cento dos 25.000
refuxiados nixerianos que viven no campo
de Minawao,
na zona norte, onde un recente asentamento revelou unha alarmante
taxa de desnutrición entre os nenos.
Níxer viu un forte incremento do número de persoas que buscan
refuxio na rexión de Diffa,
onde mulleres e nenos representan o 70 por cento dos 100.000
refuxiados e retornados nixerianos.
UNICEF traballa
xunto aos seus aliados para
proporcionar aos nenos desprazados e refuxiados e as súas familias
asistencia básica, incluíndo auga potable, e servizos de nutrición,
saúde e protección.
- En Nixeria, máis de 65.000 nenos foron tratados por desnutrición aguda grave. Os voluntarios comunitarios formados chegaron a máis de 13.000 nenos para darlles apoio psicosocial. Máis de 3 millóns de nenos recibiron suplementos de vitamina A.
- En Camerún, construíronse 10 instalacións de tratamento de augas e 160 latrinas; ademais, distribuíronse 1.300 kits de hixiene. Tamén se proporciona unha análise nutricional e tratamento en colaboración coa Cruz Vermella. Creáronse catro espazos amigos da infancia, que ofrecen apoio psicosocial.
- En Chad, UNICEF está a incrementar a súa presenza na rexión do lago Chad e, a través da súa oficina en Mao, distribúe subministracións esenciais como kits de hixiene e alimento terapéutico, así como mantas, roupa, tendas de campaña e auga.
- En Níxer, máis de 96.000 nenos foron vacinados contra o sarampelo, dende o 28 de decembro ao 3 de xaneiro, e a capacidade escolar está a ser reforzada para proporcionar espazos adicionais aos nenos refuxiados e locais.
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.