Os nenos de Sirya en risco ante a chegada do duro inverno

Os nenos sirios desprazados son especialmente vulnerables ao frío e á falta de auga e saneamento axeitados

Case 5,5 millóns de nenos sirios que se encontran en situación de vulnerabilidade pronto enfrontaranse a unha nova tempada de inverno. Durante o pasado mes de xaneiro rexistráronse as temperaturas máis frías da década, polo que UNICEF manifesta a súa preocupación debido á exposición dos nenos sirios ao frío e a humidade, que teñen un impacto na súa saúde e benestar.

O tamaño da resposta humanitaria necesaria ante a chegada do inverno non ten precedentes. En decembro do ano pasado, había aproximadamente 1,15 millóns de nenos e nenas afectados pola crise de Sirya, cuns 232.000 nenos sirios vivindo como refuxiados nos países veciños. Actualmente, a punto de cumprirse tres anos de conflito, eses números disparáronse a 4,3 millóns e 1,2 millóns, respectivamente. "Millóns de nenos sirios desprazados tiveron que refuxiarse en lugares con condicións de vida inadecuadas", dixo Maria Calivis, Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África. "Cando se suman temperaturas frías e chuvia, os nenos menores de cinco anos son especialmente propensos a contraer enfermidades, como infeccións respiratorias agudas, que se contaxian con facilidade en ámbitos de amoreamento. " Actualmente hai máis de 436.000 nenos refuxiados sirios menores de cinco anos en Líbano, Xordania, Iraq, Turquía e o norte de África vivindo en campos de refuxiados, asentamentos construídos con tendas de campaña e comunidades de acollida. "Xunto aos nosos aliados, xa distribuímos subministracións de emerxencia en Sirya e en toda a rexión para manter os nenos abrigados, secos e saudables este inverno", dixo Calivis. A situación á que se enfrontan os máis de 400.000 nenos refuxiados sirios en Líbano é especialmente precaria xa que miles de familias están actualmente refuxiadas en asentamentos levantados con tendas de campaña en terras propensas a sufrir inundacións. En caso de que as tendas de campaña e as latrinas se inunden pola chuvia, aumenta o risco de que aparezan enfermidades transmitidas pola auga. En Líbano, UNICEF está a distribuír 88.000 kits de roupa de inverno para os nenos que viven en tendas de campaña de todo o país. Cada kit inclúe unha chaqueta, botas de auga, luvas, bufandas, gorros de la e roupa interior de abrigo.UNICEF tamén está a traballar para reforzar os sistemas de drenaxe, retirar depósitos de lixo e construír alicerces de formigón para as tendas de campaña. Ademais instaláronse outras subministracións como xeradores para dar acceso a duchas quentes.

  • Dentro de Sirya, UNICEF ten previsto distribuír a 2.000.000 de nenos paquetes de subministracións de emerxencia para o inverno. O paquete inclúe roupa de inverno para nenos, mantas, sabas de plástico, e kits de hixiene.
  • En Xordania, UNICEFproporcionará 35.000 kits de roupa de inverno para os nenos refuxiados sirios menores de cinco anos, ademais de 24.000 mantas.
  • Para manter os nenos na escola, UNICEF está a distribuír nos campamentos de refuxiados sirios en Iraq e Turquía, 370 tendas de campaña preparadas para o inverno, para que sexan usadas como aulas e espazos acolledores para os nenos, xunto ao combustible para a calefacción.

UNICEF necesita con urxencia fondos para distribuír aos nenos afectados e as súas familias, en Sirya e países veciños, subministracións vitais de emerxencia, preparadas para o inverno. Aínda faltan uns 13 millóns de dólares para poder manter o traballo de emerxencia, e protexer así os nenos ante a chegada do inverno.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Para descargar vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/siria

Usuario: Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]