Os nenos constitúen unha quinta parte das mortes por cólera en Sudán do Sur
As escolas desempeñan un papel importante na prevención da propagación da enfermidadeJuba e Bor rexistraron ata agora máis de 700 casos de cólera que causaron 32 mortes -das cales unha de cada cinco son nenos menores de cinco anos-, informou hoxe UNICEF. A axencia de Nacións Unidas para a Infancia resalta o papel da educación para deter o brote de cólera en Sudán do Sur, e está a traballar cos nenos e profesores ao longo do país para concienciar sobre como previr a enfermidade e que non se propague aínda máis.
"A cólera é unha enfermidade mortal que
afecta de xeito desmesurado aos nenos pequenos", dixo o
representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan
Veitch.
"Unha das formas máis contundentes de responder a este brote é
dando aos nenos en idade escolar a información e ferramentas que
necesitan para protexerse a si mesmos e ás súas
familias".
En Ecuatoria
Central,
onde está localizado o brote, os alumnos e profesores nas escolas
próximas aos focos de cólera invitaron a UNICEF a
facer visitas aos colexios para concienciar sobre os principais
factores de risco. Uns 1.340 alumnos e 30 profesores xa se
beneficiaron desta información vital, cuxo obxectivo é chegar a 150
escolas.
UNICEF e
os seus aliados, incluídos a OMS e
o Ministerio de Sanidade, están a traballar en todo o país para que
as escolas estean á fronte da resposta. Os profesores e alumnos
están a recibir formación sobre promoción da hixiene, como a
importancia do lavado de mans con xabón e unha manipulación segura
dos alimentos. Nos espazos amigos da infancia
de UNICEF os
nenos reciben formación e anímaselles a concienciar as súas propias
familias e comunidades - unha importante medida en Sudán do Sur,
onde o 70% dos adultos non sabe ler ou
escribir. UNICEF e
os seus aliados tamén están a difundir mensaxes para previr a
cólera e organizan debates en 19 emisoras de raio, e poñen carteis
en escolas e sitios públicos.
Ademais UNICEF está
a dar resposta ao brote de cólera fortalecendo os servizos de
saúde, distribuíndo xabón ás comunidades, levando a cabo campañas
de vacinación nos
asentamentos de protección de civís masificados e concienciando ás
comunidades vulnerables sobre a prevención e detección temperá,
mediante a formación a voluntarios, profesores e líderes
relixiosos.
Veitch advertiu
de que se este brote se expande máis alá da súa posición actual,
especialmente aos estados afectados polo conflito, a carencia de
servizos de saúde operativos podería levar unha perda desvastadora
de vidas. Actualmente 184 instalacións sanitarias pecharon ou foron
destruídos nas zonas afectadas polo conflito.
"É unha carreira contra o reloxo para previr a propagación da
cólera polo río Nilo,
especialmente durante a estación de chuvias. Agora a nosa
prioridade é chegar aos nenos máis vulnerables que necesitan con
urxencia auga potable e vacinas".
UNICEF en
Sudán
do Sur necesita urxentemente 4,6 millóns de dólares (preto de 4,2
millóns de euros) para financiar a resposta de emerxencia á cólera
durante seis meses.
Para acceder a vídeos e fotos:
ftp://video.unicef.es/sudandelsur/
Usuario: Refcom
Contrasinal: uce442087