Os conflitos en Oriente Medio e o Norte de África deixan 13 millóns de nenos fóra da escola

O informe 'Educación baixo o lume' analiza o impacto que a violencia está a ter nos sistemas educativos de Sirya, Iraq, Líbano, Xordania, Turquía, Iemen, Libia, Sudán e Estado de Palestina

Os crecentes conflitos e a convulsión política en Oriente Medio e o Norte de África impiden que máis de 13 millóns de nenos vaian á escola, segundo o informe Educación baixo o lume publicado hoxe por UNICEF.

O estudo está centrado no impacto da violencia nos nenos en idade escolar e nos sistemas educativos de nove países* que se viron directa ou indirectamente afectados pola violencia.

Os ataques a escolas e instalacións educativas -ás veces deliberados- son un dos motivos fundamentais polos que os nenos non van a clase. Só en Sirya, Iraq, Iemen e Libia, preto de 9.000 escolas están inutilizadas porque foron danadas, destruídas, están a ser utilizadas como refuxio para os civís desprazados ou foron tomadas polas partes do conflito.

Outro factor é o medo, que leva a miles de profesores a abandonar os seus postos ou fai que os pais non manden aos seus fillos a clase polo que lles poida acontecer de camiño ao colexio ou no propio centro.

En Xordania, Líbano e Turquía máis de 700.000 nenos sirios non poden ir á escola porque a infraestrutura educativa nacional está sobrecargada e non pode asumir unha carga extra de alumnos.

"Os nenos están a experimentar o destrutivo impacto do conflito en toda a rexión", dixo Peter Salama, director rexional de UNICEF para Oriente Medio e África do Norte. "Non" é "só o dano físico que se fixo ás escolas, senón o desespero que sente unha xeración de alumnos que ve as súas esperanzas e futuro esnaquizados".

O informe destaca unha serie de iniciativas -como a autoaprendizaxe e espazos de aprendizax
e ampliados- que axuden aos nenos a estudar mesmo nas circunstancias máis desesperadas. Non obstante, sostén que o financiamento que recibe este traballo non é acorde ás crecentes necesidades, malia o feito de que os nenos e pais atrapados no conflito identifican de xeito contundente a educación como a súa primeira prioridade.

Segundo o informe, merece máis apoio especialmente a iniciativa No Lost Generation, lanzada en 2013 por UNICEF e outras organizacións coas que traballa para impulsar un maior apoio internacional ás necesidades educativas e de protección dos nenos afectados pola crise de Sirya.

Ademais, o informe insta á comunidade internacional, os gobernos de acollida, os responsables políticos, o sector privado e outras organizacións a:

  • Reducir o número de nenos que están fóra da escola mediante a ampliación dos servizos educativos informais, especialmente para os nenos vulnerables.
  • Proporcionar máis apoio aos sistemas nacionais de educación nos países golpeados polo conflito e as comunidades de acollida, para aumentar os espazos de aprendizaxe, contratar e formar profesores e subministrar materiais educativos.
  • Avogar polo recoñecemento e certificación dos servizos educativos non formais nos países afectados pola crise de Sirya.

Para descargar o informe (en inglés):

https://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/education-under-fire

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/siria

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 609 160 051, [email protected]

Juliette Touma, UNICEF MENA, +962-79-867-4628, [email protected]