Orlando Bloom visita as comunidades afectadas polo ébola en Liberia

O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, é a primeira personalidade que visita o país dende o comezo da epidemia

O embaixador de UNICEF Orlando Bloom concluíu unha visita de catro días a Liberia onde eloxiou os esforzos das comunidades afectadas polo ébola na loita contra o virus mortal.

"Todas as persoas que coñecín tomaron a determinación de combater o ébola para poder continuar as súas vidas con normalidade", dixo Bloom despois de reunirse cos líderes relixiosos e da xuventude na capital, Monrovia. "As comunidades foron o epicentro da loita contra o ébola e deben seguir recibindo apoio polo seu papel crucial na loita por chegar a 'cero casos'.

Os educadores comunitarios xogaron un papel importante na resposta fronte ao ébola, incluíndo as nenas e nenos adolescentes no proxecto A-Life en West Point, un barrio pobre e densamente poboado de Monrovia. Na reunión con Bloom, os representantes do grupo explicaron como os seus voluntarios chegaran a máis de 25.000 persoas para crear conciencia sobre como os membros das súas propias comunidades podían evitar enfermar e deter a propagación do virus.

Nunha escola primaria nunha comunidade moi afectada na fronteira con Serra Leoa, Bloom puido coñecer os protocolos de seguridade escolar sobre ébola que se introduciu cando as escolas volveron abrir tras permanecer pechada sete meses. Estes protocolos, introducidos co apoio de UNICEF para reducir o risco de transmisión, inclúen a toma de temperaturas dos nenos cando chegan á escola e facer que se laven as mans antes de entrar na aula.

"A causa deste brote, a educación dun millón de nenos en Liberia foi interrompida a metade de curso", dixo Bloom. "Están moi contentos de estar de volta nas aulas, pero as precaucións que todos e cada un deles debe tomar cada día son un recordatorio da necesidade de non baixar a garda".

Ao longo da rexión, o virus do ébola infectou máis de 24.000 persoas - incluíndo máis de 5.000 nenos - e matou preto de 10.000.

Os casos de ébola foron diminuíndo na rexión, pero a batalla está lonxe de rematar. Mentres que a loita continúa, han de priorizarse os esforzos para reconstruír os sistemas de saúde, educación e protección social.

Bloom, coñecido polos seus papeis en películas de éxito como O Señor dos Aneis e Piratas do Caribe, converteuse en Embaixador de Boa Vontade de UNICEF en outubro de 2009. O ano pasado viaxou a Xordania para coñe
cer nenos e familias afectados pola crise siria.

Para descargar fotos e outros materiais audiovisuais: http://uni.cf/1xd58Vi

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Para máis información e contacto:  

Marissa Buckanoff, UNICEF New York, +1917 345 6425, [email protected]

Rukshan Ratnam, UNICEF Liberia, +231 886 760 365, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]