A OMS e UNICEF inician unha campaña masiva de vacinación para máis de 20 millóns de nenos en Sirya e seis países veciños
Unha semana despois de que se declarase unha emerxencia de poliomielite en Oriente Medio, púxose en marcha en Sirya e países veciños unha campaña masiva de vacinación contra esta e outras enfermidades preveniblesA maior resposta consolidada en materia de inmunización nunca antes realizada en Oriente Medio está xa en marcha para deter un brote de poliomielite, e o seu obxectivo é vacinar en varias fases máis de 20 millóns de nenos en sete países e territorios.
As campañas de inmunización de emerxencia en Sirya e arredores para previr a transmisión da poliomielite e outras enfermidades prevenibles permitiron vacinar máis de 650.000 nenos en Sirya, entre eles a 116.000 na provincia nororiental de Deir-ez-Zor, unha zona moi disputada onde se confirmou o brote de polio hai unha semana.
Aínda que nesta rexión
non se producira ningún caso de poliomielite durante case unha
década, nos últimos 12 meses detectouse o poliovirus en mostras de augas residuais de
Exipto, o Estado de Palestina e Israel. A epidemia de poliomielite
paralizante entre os nenos en Sirya impulsou a resposta masiva
actual. O primeiro brote de poliomielite no país dende 1999
paralizou ata agora 10 nenos, e ameaza con paralizar centos de
miles de nenos en toda a rexión. Os datos preliminares indican que
o virus da polio procede de Paquistán e é similar á cepa detectada
en Exipto, o Estado de Palestina e Israel.
O Dr. Ala Alwan, Director Rexional da Organización
Mundial da Saúde para o Mediterráneo Oriental sinalou que "EOriente
Medio mostrou exactamente a dirección coordinada necesaria para
combater un virus mortal: un asalto consolidado e sostido contra
unha enfermidade prevenible mediante
vacinación e un extraordinario compromiso cun obxectivo común.
"
No que vai de 2013 UNICEFadquiriu un total de 1,35 millóns de dose da vacina antipoliomielítica oral e cara a finais de ano terá adquirido ata 1,7 millóns de dose para satisfacer a crecente demanda. As reservas da vacina antipoliomielítica oral xa encóntranse ao límite, e os fabricantes de vacinas están a producir a pleno rendemento. O novo brote en Sirya está a agregar máis presión sobre as reservas, pero a OMS, UNICEF e os fabricantes están a tratar de garantir que haxa un número de vacinas suficiente para chegar a todos os nenos.
"O brote de poliomielite
en Sirya non é só unha traxedia para os nenos; é un sinal de alarma
urxente, e unha oportunidade crucial para chegar a todos os nenos
que non fosen vacinados, onde queira que estean", dixo Peter Crowley, Xefe de poliomielite deUNICEF. "Isto debería servir de
recordatorio aos países e comunidades de que un brote de polio en
calquera lugar é unha ameaza para os nenos en todas as
partes".
Esta resposta sen
precedentes contra o avance do virus da poliomielite na rexión
inclúe plans para levar a cabo un esforzo sostido de vacinación
intensa durante seis meses. Igual de importante é reforzar a
vixilancia da enfermidade ata a erradicación mundial da
poliomielite, para encontrar os casos que puidesen pasarse por alto
nun ámbito que ata hai pouco tempo estaba libre da
poliomielite.
As actividades múltiples de inmunización a grande escala teñen por obxecto protexer tantos nenos como sexa posible. Dentro de Sirya, a campaña diríxese a 1,6 millóns de nenos con vacinas contra a polio, o sarampelo, as papeiras e a rubéola. En Xordania, máis de 18.800 nenos menores de cinco anos foron vacinados contra a poliomielite nunha campaña realizada nos últimos días e dirixida a todos os nenos que viven no campamento Za'atari, e hai unha campaña actualmente en marcha en todo o país para chegar a 3,5 millóns de persoas que padecen a polio, o sarampelo e a rubéola. En Iraq iniciouse unha campaña de vacinación no oeste do país, e hai outra campaña prevista na rexión do Kurdistán para os próximos días. A campaña nacional en Líbano comeza a finais desta semana, e a mediados de novembro en Turquía e Exipto.
As taxas de inmunización
de Sirya derrubáronse dende que comezase o conflito, e pasaron de
máis dun 90% antes do conflito a un 68% actualmente.
Os sete países e territorios onde se leva a cabo a resposta de emerxencia consolidada ao brote de poliomielite son: Exipto, Estado de Palestina, Iraq, Xordania, Líbano, Sirya e Turquía.
O virus da polio
normalmente infecta os nenos que viven en condicións insalubres por
transmisión fecal-oral relacionada co contacto de persoa a persoa e
o consumo de alimentos e bebidas contaminados con feces. O virus
ataca aos nervios e pode causar a morte das súas vítimas ou
paralizalas; propágase amplamente e pasa desapercibido antes de
comezar a incapacitar os nenos. Por cada caso de poliomielite, 200
nenos poden ser infectados. Non hai cura para esta enfermidade, que
unicamente se pode previr mediante a vacinación.
Dende 1988, a vacinación
reduciu a poliomielite en máis dun 99% a nivel mundial, e os plans
son erradicar completamente a enfermidade.