O traballo infantil rouba a millóns de nenos o dereito á saúde, a educación e o crecemento

No Día Mundial contra o Traballo Infantil, UNICEF chama a atención sobre os millóns de nenos de todo o mundo que se dedican a algún tipo de traballo perigoso ou no que son explotados, polo xeral a expensas da súa saúde e a súa educación e, sobre todo, do seu benestar xeral e desenvolvemento.

Segundo a organización, millóns de nenos traballan para soster as súas familias, pero o traballo infantil vólvese inaceptable cando se leva a cabo por nenos demasiado novos e que deberían estar na escola. Ademais, hai moitos nenos que están a facer un traballo inadecuado para menores de 18 anos. Nas peores formas de traballo infantil, os nenos están expostos a riscos de saúde e a perigo físico, o seu desenvolvemento vese ameazado, e están sometidos a explotación. "Entendemos que moitos nenos traballan para manter as súas familias", dixo a Directora de Protección Infantil de UNICEF, Susan Bissell. "Non obstante, cando os nenos se ven obrigados ás formas máis perigosas de traballo, cando faltan á escola, cando están en perigo e a súa saúde e o seu benestar se deterioran, é inaceptable. É necesario actuar para facer fronte a esta situación e, en primeiro lugar, previr que suceda".UNICEF calcula que uns 150 millóns de nenos de entre 5 e 14 anos, ou case 1 de cada 6 nenos neste grupo de idade, son vítimas do traballo infantil. Segundo as últimas estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT), 7,4 millóns de nenos no mesmo grupo de idade dedícanse ao traballo doméstico, que se leva a cabo de xeito desproporcionado por nenas.

Os traballadores domésticos encóntranse entre os traballadores máis explotados e maltratados por unha serie de razóns, entre elas a discriminación, a exclusión das leis laborais, o illamento, e a súa natureza oculta. Os nenos teñen maior risco, debido á súa curta idade, a falta de coñecemento dos seus dereitos, a separación da súa familia, e a dependencia do seu empregador. Aínda que non todos os nenos traballadores domésticos sofren abusos ou explotación, os que traballan no servizo doméstico son especialmente vulnerables á trata, o traballo forzoso e as peores formas de traballo infantil, polo que o traballo doméstico infantil é unha das formas máis estendidas e, potencialmente, máis explotadora de traballo infantil no mundo de hoxe. Nalgúns países, o traballo innovador para rematar co traballo infantil xa está a dar os seus froitos. En Gujarat, India, por exemplo, UNICEF aliouse coa Fundación IKEA para formar Redes de Nenas Adolescentes (AGN nas súas siglas en inglés), que forman os mozos en temas relacionados con violacións dos dereitos da infancia, incluídos o traballo infantil e o matrimonio infantil. Estas redes formáronse nos 3.450 pobos de Gujarat, con ao redor de 35.000 membros que avogan polos dereitos dos nenos e nenas involucrados no traballo infantil. Identifican outros nenos que traballan -en campos de algodón, por exemplo- e convencen os seus pais para que regresen á escola. Xa identificaron 61.827 nenos que non ían á escola e preto de 20.000 regresaron ás aulas. O traballo a longo prazo debe levarse a cabo dende os gobernos.UNICEF apoia a Convención 189 daOIT sobre Traballadores Domésticos, aprobada en 2011 e que se dirixe especialmente ás mulleres e nenas no servizo doméstico, e felicitou a Uruguai, Filipinas e IllasMauricio por ser os primeiros países en ratificar a Convención. Outros 20 países iniciaron diálogos nacionais sobre o traballo doméstico no proceso de adopción da Convención da OIT.

UNICEF axuda aos países a elaborar e aplicar programas integrais para facer fronte ao traballo infantil, dende o marco xurídico e político, para aumentar a capacidade dos gobernos para promover o cambio social positivo e desafiar as normas culturais que avalan o traballo infantil. Se necesitas materiais en vídeo podes descargalos deste enlace:

ftp://video.unicef.es/trabajo-infantil/

Usuario:                              Refcom

Contrasinal:                      uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]