O tempo esgótase para os nenos de Sudán do Sur

Despois de case 100 días de conflito, o acceso humanitario é limitado e a chuvia ameaza os esforzos de axuda

A menos que a situación humanitaria en Sudán do Sur mellore rápida e radicalmente para os nenos e as súas familias, case un millón de persoas - na súa maioría mulleres e nenos - enfrontarase a unha crise aínda maior, tanto no interior de Sudán do Sur como nos países veciños, afirmou UNICEF.

"Coas chuvias anuais achegándose rapidamente, o tempo corre cada vez máis á présa cara a un desastre humanitario para os nenos en Sudán do Sur", dixo a Dr.a Yasmin Haque, directora adxunta de Programas de Emerxencia deUNICEF, quen acaba de regresar de Sudán do Sur. A xente que coñecemos en Nyal, no estado de Unity, refuxiárase en pequenas illas rodeadas de auga. Non tomara unha comida decente en 75 días, e sobrevivía con noces de palma, raíces silvestres e talos e sementes de lirio. Algúns trataban de tecer redes para pescar. Os nenos pequenos encontrábanse nunha situación desesperada, algúns tiveron que correr para salvar as súas vidas e no proceso quedaron separados das súas familias. Foi moi triste ver iso". Uns 250.000 sursudaneses xa fuxiron a países veciños - Uganda, Etiopía, Sudán e Kenya - para escapar dos combates e buscar refuxio. No interior do país, máis de 700.000 están desprazados. A gran maioría son nenos e mulleres. Na rexión fronteiriza de Gambela en Etiopía hai moi poucos homes e nenos entre os refuxiados sursudaneses. O comezo das chuvias fai inaccesible por estrada a gran parte do país, á vez que volve máis difícil e moito máis custoso a chegada por vía aérea de subministracións vitais ás persoas cando os camiños se volven intransitables. O refuxio, o saneamento deficiente e as enfermidades transmitidas pola auga supoñen unha maior presión ás áreas superpoboadas de Sudán do Sur e en países veciños. "Ademais da violencia e as violacións que sufriron os nenos durante case 100 días, agora o risco é maior que nunca polas enfermidades e a desnutrición. O tempo esgótase para os nenos da nación máis nova do mundo - necesitamos mellores recursos, mellor acceso, paz e seguridade. Os nenos non poden esperar", dixo a Dr.a Haque.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]