O lavado de mans é unha ferramenta importante na loita contra o ébola

O Día Mundial do Lavado de Mans serve para recordar que esta práctica simple axuda a salvar vidas

A campaña de UNICEF Comité Español 'Agora non podemos parar' reúne fondos para seguir loitando contra a mortalidade infantil

Con motivo da celebración do sétimo Día Mundial do Lavado de Mans, UNICEFsinala que a loita contra o ébolaserve para destacar aínda máis a práctica do lavado de mans na prevención de enfermidades. "O lavado de mans con xabón é unha das vacinas máis baratas e eficaces contra as enfermidades virais, dende a gripe estacional ao arrefriado común," dixo Sanjay Wijesekera, director dos programas mundiais de auga, saneamento e hixiene de UNICEF. "Os nosos equipos sobre o terreo en Serra Leoa, Liberia e Guinea están a destacar a importancia do lavado de mans como parte dunha serie de medidas que son necesarias para deter a propagación doébola. Non é unha panacea, pero é un medio adicional de defensa que resulta barato e é doado de conseguir".UNICEF estivo á fronte da campaña de concienciación sobre o ébola nos países afectados, e traballa para contrarrestar unha serie de conceptos erróneos acerca desta enfermidade que poñen á xente nunha situación de maior de risco. UNICEFdistribuíu tamén subministracións de protección, tales como batas, luvas e lixivia, así como 1,5 millóns de pastillas de xabón en Serra Leoa e varios millóns máis en Liberia e en Guinea. "Está claro que non hai unha solución simple, e que se necesita un esforzo internacional a grande escala para deter a incidencia desta enfermidade", dixo Wijesekera. "Pero é crucial para facer correr a voz sobre as medidas que se poden tomar agora mesmo nas zonas máis afectadas como complemento á axuda internacional que chega dende o exterior. Lavarse as mans é unha desas medidas". Ademais do ébola, as cifras publicadas recentemente por UNICEF e a Organización Mundial da Saúde indican que máis de 340.000 nenos menores de 5 anos -case 1.000 ao día- morreron en 2013 a causa de enfermidades diarreicas debido á falta de auga potable, de saneamento e de hixiene básica. A medida que a resposta aoébola agrava a situación dos servizos de saúde nos países afectados, a práctica do lavado de mans é mesmo máis importante para poñerse en garda contra estas enfermidades comúns. As celebracións anuais do Día Mundial do Lavado de Mans son unha ocasión para facer fincapé no papel do lavado de mans con xabón na prevención de enfermidades comúns pero potencialmente letais como a diarrea, e moitos países en todo o mundo celebran actividades para promover a práctica.

En Sri Lanka, máis de 38.400 estudantes de 96 escolas participarán en eventos relacionados co lavado de mans, xunto con políticos e membros do público. No Líbano enviaranse por SMSmensaxes a centos de usuarios de teléfonos móbiles co lema "Salva a túa saúde; lávate as mans", mentres que en Malí se levará a cabo unha campaña nos medios de comunicación a nivel nacional con actividades sobre o lavado de mans e a distribución de xabón en decenas de escolas. Tamén hai programadas numerosas actividades e celebracións en Gambia, Nixeria e Cambodja, entre outros países.

Campaña ‘Agora non podemos parar’ de UNICEF Comité Español

Para seguir avanzando na loita pola supervivencia infantil en todo momento e en todas as situacións,UNICEF Comité Español puxo en marcha a súa campaña Agora non podemos parar que, ata principios de 2015, pretende trasladar á nosa sociedade os avances realizados e os grandes retos pendentes para seguir salvando vidas. Os índices de supervivencia infantil melloraron radicalmente: en 1990, 12,7 millóns de nenos menores de cinco anos morreron por causas que podemos evitar; en 2013 esta cifra foi de 6,3 millóns. É unha redución de case a metade, pero a pesar dos avances, máis de 17.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por causas que se poden evitar con medidas tan sinxelas como ter vacinas, auga ou unha nutrición axeitada.

Para contribuir ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil:

Envío de SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros paraUNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.

Web: www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

Teléfono: 902 31 41 31

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es

Más información:

Raquel Fernández, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]