No novo ano as escolas de Sirya seguen sendo obxectivos do conflito

Centos de nenos mortos ou feridos nos polo menos 68 ataques a escolas rexistrados o ano pasado no país

O conflito que segue adiante e o peche recente dalgunhas escolas en Raqqa e Deir-ez-Zour e en zonas rurais de Aleppo en Sirya, puido interromper a educación de 670.000 nenos en idades de ensino primario e primeiros cursos de secundaria.

"Á parte da falta de acceso á escola, os ataques a escolas, a profesores e a estudantes son recordatorios horribles do terrible prezo que os nenos de Sirya están a pagar nesta crise que xa se achega ao seu quinto ano", dixo Hanaa Singer, representante de UNICEF en Sirya.

"O acceso ao ensino é un dereito que debería ser sostible para todos os nenos, sen importar onde viven ou o difíciles que poidan ser as circunstancias. As escolas son os únicos lugares de estabilidade, estrutura e rutina que os nenos de Sirya necesitan máis que nunca nestes tempos deste conflito horroroso".

Aínda estando pendentes os informes do alcance exacto dos actuais peches de escolas, entre xaneiro e decembro de 2014 producíronse polo menos 68 ataques a escolas en Sirya, segundo os datos dos que dispón UNICEF. Estes ataques asasinaron e feriron centos de nenos. As cifras reais serán máis altas, e hai indicios de que algúns ataques puideron ser deliberados.

"As escolas deberían ser respectadas como zonas de paz e refuxios seguros para os nenos, nos que poden aprender sen temor á morte ou a ser ferido, " dixo Singer.

"UNICEF fixo reiterados chamamentos a todas as partes para que reafirmen a súa responsabilid
ade de protexer do conflito os nenos, as escolas, e outras infraestruturas civís -un chamamento que repetimos mesmo con maior urxencia cando comeza un novo ano cos nenos de Sirya afrontando as ameazas máis terribles para a súa seguridade, o seu benestar e a súa educación".
 
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Tamara Abu Sham, UNICEF Syria, [email protected], +963 958 558 817
Razan Rashidi, UNICEF Syria, [email protected], +963 93 354 9020
Roshan Khadivi, UNICEF Regional Office for the Middle East and North Africa, [email protected], +962 6550 2524
Christophe Boulierac, UNICEF Geneva, [email protected], +41 799 639 244
Belén de Vicente, UNICEF España, [email protected], 609 160 051 / 91 378 95 55