No medio do conflito, UNICEF amplía os esforzos para lograr que os nenos sirios volvan á escola

Mentres o novo ano escolar comeza en Sirya, moitos nenos enfróntanse a retos extraordinarios para poder continuar coa súa educación. En tres anos, o conflito deixou unhas 4.000 escolas (case unha de cada cinco) danadas, destruídas ou convertidas en refuxio para familias desprazadas no interior do país.

Dende o último ano escolar, case dous millóns de nenos entre 6 e 15 anos abandonaron a escola debido ao desprazamento e a violencia. UNICEF, co Ministerio de Educación e outros aliados en Sirya, está a apoiar unha campaña de volta á escola cuxo obxectivo é chegar a un millón de nenos en idade escolar de primaria afectados polo conflito.
"Esta campaña ten como obxectivo aumentar a inscrición dos nenos que se encontran desprazados no interior do país cuxa educación se viu interrompida, nalgúns casos por terceiro ano consecutivo," dixoYoussouf Abdel-Jelil, representante deUNICEF en Sirya. "É vital para o benestar dos nenos, así como para o futuro da sociedade, apoialos no seu regreso aos estudos".UNICEF está a distribuír mochilas, con artigos como bolígrafos e cadernos, a un millón de nenos nas 14 provincias de Sirya. Arredor da metade destas subministracións xa están en camiño ás áreas máis necesitadas como Raqqa, Deirez ezZor, Homs, Hassakeh e a campiña de Damasco para a súa distribución nas escolas. Ademais, UNICEF proporciona 5.000 kits de aprendizaxe, 3.000 kits de ocio e recreo e 800 de educación infantil. As comunidades están a recibir mensaxes a través dos medios de comunicación, paneis publicitarios, carteis e folletos sobre o inicio do ano escolar para animar os nenos a que retomen a súa educación.

Este ano, UNICEF emprenderá un programa innovador para chegar a ao redor de 400.000 nenos afectados polo conflito que non poden asistir á escola. Estes nenos serán apoiados a través dun programa de auto-aprendizaxe no fogar. O programa, deseñado para estudantes de primaria (graos 1-4) céntrase no estudo das linguas árabe e inglés, matemáticas e ciencias. Entregáronse libros de texto e de capacitación para mestres e pais de familia para apoiar os nenos no auto- aprendizaxe. Para facilitar o acceso á educación a máis nenos dentro de Sirya é necesario un maior apoio económico. Do chamamento global deUNICEF de 110 millóns de dólares para o traballo dentro de Sirya, recibíronse 16 millóns, dos 33 millóns solicitados para educación.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]