A mortalidade infantil reduciuse nun 41% entre 1990 e 2011

Varios países están a lograr rápidos progresos na supervivencia infantil segundo un informe de UNICEF. Máis de 100 países comprométense a dar prioridade á supervivencia infantil.

Varios países en distintas partes do mundo están a lograr rápidos progresos na redución de mortes infantís, o que demostra que é posible diminuír radicalmente a mortalidade infantil no lapso de dúas décadas, segundo recolle hoxe un informe de UNICEF.

O Informe sobre os Progresos de 2012, titulado O compromiso coa supervivencia infantil: Unha promesa renovada, examina as tendencias nas estimacións da mortalidade infantil dende 1990, e revela que as reducións máis importantes se lograron nas taxas de mortalidade de menores de cinco anos en todas as rexións e en diversos países. Isto traduciuse nunha firme redución do número estimado de mortes de menores de cinco anos en todo o mundo. Os datos publicados hoxe por UNICEF e o Grupo Interinstitucional para as Estimacións sobre Mortalidade Infantil das Nacións Unidas mostran que o número de nenos menores de cinco anos que morreron a escala mundial se reduciu de case 12 millóns en 1990 a un estimado de 6,9 millóns en 2011. Cada día morren uns 14.000 nenos menos, o que supón un descenso do 41%, pasando de 87 mortes por cada mil nacidos vivos en 1990 a 51 o ano pasado.  

O informe pon de relevo que nin o feito de pertencer a unha rexión determinada nin a situación económica é necesariamente un obstáculo para que os países reduzan as mortes infantís. Países de ingresos baixos como Bangla Desh, Liberia e Ruanda, países de ingresos medios como Brasil, Mongolia e Turquía ou países de altos ingresos, como Omán e Portugal, lograron avances espectaculares ao reducir as taxas de mortalidade dos menores de cinco anos en máis de dúas terceiras partes entre 1990 e 2011.
"O descenso mundial da mortalidade de menores de cinco anos é un éxito significativo e un testemuño do traballo e a dedicación de moitos, incluíndo os gobernos, os doadores, os organismos e as familias", di o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Pero tamén hai asuntos pendentes: millóns de nenos menores de cinco anos seguen morrendo cada ano por causas en boa medidaprevenibles para as cales existen intervencións probadas e alcanzables".
"Estas vidas poderían salvarse mediante vacinas, unha nutrición axeitada e atención básica médica e materna. O mundo conta coa tecnoloxía e os coñecementos técnicos para facelo. O reto consiste en poñelos a disposición de todos os nenos".

O informe combina as estimacións de mortalidade cunha descrición das principais causas de mortalidade dos nenos menores de cinco anos, e as estratexias de alto impacto que se necesitan para acelerar o progreso. As mortes de menores de cinco anos están cada vez máis concentradas en África subsahariana e Asia meridional, que no seu conxunto representaron máis do 80% de todas as mortes de menores de cinco anos en 2011. Como media, un de cada nove nenos de África subsahariana morre antes de cumprir os cinco anos.
Máis da metade das mortes por pneumonía e diarrea -que en total representan case o 30% das mortes de menores de cinco anos en todo o mundo- prodúcense en só catro países: India, Nixeria, Paquistán e a República Democrática do Congo. As enfermidades infecciosas caracterízanse por estar relacionada coa inequidad, afectando desproporcionadamente ás poboacións máis pobres e vulnerables que non teñen acceso a tratamentos básicos nin a intervencións de prevención. Estas mortes pódense evitar.
Baixo o lema de Unha promesa renovada está xurdindo un movemento en pro da supervivencia do neno destinado a fortalecer, reorientar e aproveitar dúas décadas de avances significativos. A oportunidade para lograr unha redución máis drástica das mortes infantís prevenibles nunca foi maior.
  

Dende xuño, máis da metade dos gobernos do mundo renovaron o seu compromiso coa supervivencia infantil. España tamén acaba de anunciar o seu respaldo á iniciativa. Entre as cinco accións prioritarias, os aliados comprométense a acelerar os progresos centrándose nas esferas onde o reto da supervivencia infantil é maior.
É necesario afondar nos esforzos, particularmente nos países máis poboados que teñen unha alta taxa de mortalidade. Ademais dos factores médicos e de nutrición, as melloras noutras esferas -en particular a educación, o acceso á auga potable e o saneamento axeitado, unha boa alimentación, a protección da infancia e oempoderamiento da muller- tamén aumentarán as posibilidades de supervivencia e desenvolvemento do neno.
  

Máis información (en inglés): www.apromiserenewed.org

Para descargar o informe, vídeos e fotografías de alta calidade para a súa emisión e publicación:

https://unicefweb.unicef.es/com/informemortalidad
Usuario:     Refcom
Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí, UNICEF España, Tel: 609 160 051 [email protected]
Peter Smerdon, UNICEF Nova York, Tel: + 1 212 303 7984 [email protected]                                                                                                                                                           
Sarah Crowe, Voceiro  de UNICEF, Tel + 1 212 326 7206 [email protected]
Kate Donovan, UNICEF Nova York, Tel + 1 212 326 7452 [email protected]
www.unicef.es
tv.unicef.es