Malala Yousafzai, Nacho de la Mata, Protéxeos e a Asociación de Aprendices Visuais, recoñecidos cos Premios UNICEF España 2013

O Xurado dos Premios UNICEF España 2013, tras valorar as máis de 50 candidaturas recibidas para os galardóns, decidiu conceder os premios á nena paquistaní Malala Yousafzai, o centro de seguridade en internet para os menores Protéxeos, e a Asociación de Aprendices Visuais. Pola súa banda, a Comisión Permanente de UNICEF España, responsable de fallar o Premio Joaquín Ruiz-Giménez, concedeu este galardón ao avogado Juan Ignacio de la Mata Gutiérrez, Nacho de la Mata, a título póstumo.

Os Premios UNICEF España teñen o obxectivo de recoñecer e poñer de relevo o compromiso e os esforzos de persoas e institucións que contribúen de xeito significativo a cambiar a vida dos nenos máis vulnerables e a avanzar na defensa dos dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. Os galardóns concédense en catro categorías internacionais e serán entregados o próximo 22 de maio nunha cerimonia que terá lugar no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, en Madrid.O Premio UNICEF España Moviliza recaeu en Malala Yousafzai pola súa defensa do dereito das nenas á Educación. Con só 15 anos converteuse, segundo destacou o Xurado, nun símbolo e un referente na loita polos dereitos dos nenos, e fíxoo nun contexto moi difícil". A nova estudante paquistaní, que sufriu un grave atentado cando un miliciano lle disparou na cabeza por defender o dereito á educación, logrou mobilizar miles de persoas en todo o mundo, a súa loita provocou cambios na Constitución paquistaní e a aprobación dunha lei que garante o dereito de todos os nenos de 5 a 16 anos a unha educación libre e gratuíta.O Premio UNICEF España Transforma recaeu na AsociaciónProtéxeos, artífice do centro de seguridade en internet para os menores, polo seu traballo de protección da infancia no uso e acceso ás novas tecnoloxías, pola súa loita contra a pornografía infantil en internet e pola axuda directa que presta a menores e as súas familias en casos de acoso a través de internet e dos dispositivos móbiles.

O Premio UNICEFEspaña Emprende recaeu na Asociación de Aprendices Visuais, con sede en Madrid, polo seu proxecto de Contos para Aprendices Visuais. Trátase dunha iniciativa centrada na axuda á infancia con necesidades especiais de aprendizaxe e concretamente aos nenos con autismo. O seu obxectivo último é avanzar cara a unha integración social máis efectiva, apostando pola difusión libre do coñecemento e a accesibilidade aos contos do maior número de usuarios posibles.O Premio UNICEF EspañaJoaquín Ruiz-Giménez leva o nome do que fose Presidente de UNICEFEspaña de 1988 a 2001, e é o único das catro categorías que falla a Comisión Permanente da organización. Esta categoría concédese a título individual a persoas cunha traxectoria vital e profesional que destacan pola súa dedicación constante e prolongada ao avance nos dereitos da infancia, ben a través da aposta por proxectos e iniciativas concretas ou ben a través da incidencia política ou social. O avogado Juan Ignacio de la Mata Gutiérrez, Nacho de la Mata(Madrid 1974-2012), é a primeira persoa recoñecida con este premio.Nacho de la Mata destacou por unha traxectoria vital de entrega e compromiso en defensa dos dereitos dos menores estranxeiros non acompañados. O seu labor profesional centrouse no asesoramento e defensa xurídica destes nenos. Realizou este traballo de forma altruísta, tanto de xeito independente coma en colaboración con entidades sociais. Loitou por lograr cambios lexislativos para a protección legal dos menores estranxeiros non acompañados, e logrou paralizar repatriacións sen garantías que sufrían estes nenos, nalgunha ocasión mesmo cando xa estaban embarcados no avión.

Xurado dos Premios UNICEF España 2013

Jorge Cardona, Presidente do Xurado. Membro do Comité dos Dereitos do Neno e Catedrático de Dereito Internacional e Relacións Internacionais da Universitat de Valencia.

Carmelo Angulo, Director do ICDH Instituto de Cooperacióne Desenvolvemento Humano, Universidade Camilo José Cela.

Juan Arena, Presidente da Fundación Seres.

Rosa María Calaf, Xornalista.

Ana Luisa Delclaux, Presidenta da Federación Española de Amigos dos Museos e Asesora do Coordinador Xeral da Área de Goberno das Artes do Ayuntamiento de Madrid.

María Entrecanales, Presidenta da Fundación Balia.

Javier Martín Cavanna, Presidente da Fundación Compromiso Empresarial.

Vicente Moreno García-Mansilla, Presidente de Accenture.

Sofía Rodríguez Sahagún, Conselleira de Valores Renta 4 e Directora de Marca e Cliente en Vodafone España.

Mercedes Sundheim, Profesora de Cooperación ao Desenvolvemento da Universidade Complutense.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 - [email protected]