Máis de 76.000 persoas desprazadas pola crise dende República Centroafricana cara a Chad

A medida que a crise humanitaria en República Centroafricana (RCA) continúa estendéndose aos países veciños, UNICEF alerta de que máis de 76.000 persoas, a maioría mulleres e nenos, que foxen da violencia en RCA cara a Chad necesitan con urxencia máis axuda.

"Nos puntos aos que chegan os desprazados, situados ao longo da fronteira, vin sobre todo nais e nenos que o deixaron todo en República Centroafricana ao fuxir por salvar as súas vidas", dixo Manuel Fontaine, Director Rexional de UNICEF para África Occidental e Central, de visita en Chad. "Cada semana, os nosos equipos no terreo continúan vendo persoas que cruzan a fronteira cara a Chad. Moitos deles, especialmente os nenos, víronse expostos a formas horribles de violencia engadiuFontaine. Durante os últimos dous meses, UNICEFdespregou máis persoal médico e ampliou a distribución de subministracións vitais e refuxios nos "centros de tránsito", onde chegan as persoas desprazadas, en colaboración co Goberno e outros aliados, entre eles a axencia de refuxiados da ONU (ACNUR), a Organización Internacional para as Migracións (OIM), o Programa Mundial de Alimentos, e varias organizacións no. Un total de 30.000 persoas desprazadas recibiron kits básicos de auga e hixiene de tamaño familiar así como subministracións médicas, e agora teñen acceso a ducias de pozos de auga e 300 latrinas de emerxencia construídas por UNICEF. No sur de Chad, máis de 12.500 nenos foron vacinados en campañas de vacinación masivas co apoio deUNICEF. Ata o momento, 1.062 nenos foron rexistrados como non acompañados ou separados das súas familias. Case a metade deles xa se reuniu cos seus familiares. UNICEF está a traballar coas autoridades e a OIMpara garantir atención inmediata, apoio psicosocial e protección para estes nenos e nenas desprazados que, a miúdo, pasaron por unha experiencia moi traumática en República Centroafricana.

"Poñer fin á crise en República Centroafricana é a prioridade para manter a todos a salvo", destacou Fontaine. "As enormes necesidades humanitarias en Chad incrementaranse nas próximas semanas. A tempada de chuvias achégase rapidamente, e moitos campos de desprazados encóntranse en zonas expostas a enfermidades transmitidas pola auga e as recorrentes inundacións. Débese previr a deterioración da situación humanitaria que pode carrexar o inicio da tempada de chuvias. Temos que estar listos non só para as novas chegadas, senón tamén para facer fronte á cólera, o sarampelo, a malaria, a poliomielite, as epidemias de meninxite e as inundacións. " Nun mes, o número de persoas que cruza a fronteira dende República Centroafricana a Chad creceu máis do dobre. Non obstante, a falta de financiamento está a esgotar a capacidade de UNICEF e outras organizacións de proporcionar asistencia para salvar vidas e apoiar os esforzos de emerxencia postos en marcha polas autoridades gobernamentais e os organismos humanitarios. UNICEFrecadou só 2.000.000 dos 14 millóns de dólares necesarios para satisfacer as necesidades inmediatas. As organizacións humanitarias en Chad estiman que se necesitan 33.000.000 de dólares para proporcionar axuda de emerxencia a unhas 150.000 persoas desprazadas nos próximos seis meses. Ademais de Chad, outros países veciños como Camerún, República Democrática do Congo, e en menor medida, República do Congo, tamén están cada vez máis afectados polo impacto da crise humanitaria en República Centroafricana.

Nota para a redacción:

 · Taménse estima que en 2014, máis de 500.000 nenos menores de cinco anos sufrirán desnutrición aguda na franxa do Sahel, que cruza Chad, incluíndo uns 126.000 nenos menores de cinco anos afectados por desnutrición aguda grave noSahel. · As escasas chuvias de 2013 afectaron significativamente a produción agrícola, sobre todo na franxa doSahel. Isto significa que a tempada da fame - de abril a setembro - comezará antes, afectando, aproximadamente, a uns 2,3 millóns de persoas que se encontran en situación de inseguridade alimentaria.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]