Máis de 4 millóns de nenos en risco polo impacto do Furacán Matthew en Haití, segundo UNICEF
Máis de 4 millóns de nenos poden quedar expostos aos danos que ocasione o Furacán Matthew, mentres a tormenta de categoría 4 toca terra na empobrecida illa caribeña, segundo anuncia hoxe UNICEF."Esta é a peor tormenta que Haití viu en décadas. Os danos serán, sen ningunha dúbida, importantes", afirmaba Marc Vincent, representante de UNICEF en Haití
"As enfermidades transmitidas
pola auga son a primeira ameaza para os nenos nestas situacións, a
nosa primeira prioridade é asegurar que os nenos teñen suficiente
auga potable".
Fortes ventos e augas torrenciais
golpean a illa, aumentando o risco de inundacións e deslizamientos
de terra. O aeroporto permanece pechado e pediuse que os nenos
queden en casa sen ir ao colexio, especialmente desde que moitos
colexios están a ser usados como refuxios de evacuación.
Haití está aínda recuperándose do
terremoto de 2010, con 55.000 persoas que aínda viven en refuxios.
A costa sur, onde se espera que a tormenta golpee con máis forza, é
unha das zonas máis pobres e densamente poboadas do
país.
Nun país onde menos de 1 de cada
5 persoas nas áreas rurais ten acceso a un saneamento mellorado, e
o 40% das persoas fai uso de fontes de auga non seguras, témese que
o furacán empeore unha situación de seu precaria.
O cólera é endémico enUNICEF
promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo
o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e
territorios para transformar este compromiso en accións prácticas,
centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis
vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en
todas partes.
Haití, e con máis de 27.000
posibles casos de cólera rexistrados xa este ano, con estimacións
de que 1/3 son nenos, calquera dano contra as infraestruturas de
auga e saneamento, ou desprazamentos a gran escala poderían pór aos
nenos e as familias nun risco maior de infección.
UNICEF está a traballar para
apoiar a resposta humanitaria do Goberno. As subministracións para
salvar a vida de 10.000 persoas están xa sobre o terreo e listos
para ser distribuídos ás familias máis afectadas nas zonas máis
golpeadas. Estas subministracións inclúen bidóns de auga e
pastillas potabilizadoras, kits de hixiene e mosquiteras.
Acerca de UNICEF
UNICEF promueve los derechos y el bienestar de todos los niños y niñas en todo lo que hacemos. Junto a nuestros aliados, trabajamos en 190 países y territorios para transformar este compromiso en acciones prácticas, centrando especialmente nuestros esfuerzos en llegar a los niños más vulnerables y excluidos para el beneficio de todos los niños, en todas partes.